|
|
|
O grupo “Galeguistas Ourensáns” en Facebook, creado en Marzo, superou os 300 membros. Nos post’s colgados no “muro” destaca a reivindicación da Ourensanía, como lexítima expresión “rexional de Ourense”, en harmonía co Galeguismo Identitario e coa Universalidade nacional Galega. Unha Ourensanía sinónimo de corresponsabilidade activa e eficaz na vertebración, tanto política como administrativa, da Galiza; o tempo que reivindicativa accións políticas eficaces a prol dos dereitos de Ourense, como rexión Galega con identidade histórica propia, para a corrección dos desaxustes das diferentes administracións que perxudican ó desenvolvemento económico de Ourense. “Tanto a Xunta como o Governo Central –lese nun dos post- teñen unha débeda histórica coa rexión Ourensá, coas comarcas, concellos e parroquias que a compoñen; unha débeda tamén cos cidadáns de Ourense que, o longo de décadas, sostiveron coas divisas dos emigrantes ourensáns unha importante parte da economía estatal e galega” En número -ocupa o segundo lugar nos post- o grupo en Facebook é moi crítico coa figura do candidato por Ourense do PG nas anteriores municipais, Antonio Troitiño, ó que sinalan como persoa non grata que tivo un paso efímero, como candidato independente, polo movemento Galeguista de Ourense. A propia dirección actual do PG recibe unha serie de “recomendacións” de moitos dos integrantes do grupo, ocupando o terceiro lugar en canto a número de comentarios colgados no muro. “Galeguistas Ourensáns” é un grupo aberto a tódolos que sintan pertencer ó movemento Galeguista de Ourense; os Administradores agardan acadar en breve prazo os catrocentos membros subscritos. Os interesados en subscribirse só teñen que remitir un correo a ourense@partido-galeguista.org |
|
|
|
|
O Coordinador Nacional, logo de informar ó Presidente do PG, Xesús Manuel Suárez, convoca reunión ordinaria da Executiva Nacional para o sábado día 20 ás 10.30h en 1ª convocatoria e ás 11h. en 2ª convocatoria, en Sada, no Hotel Sada Marina, coa seguinte Orde do Día: 1.- Lectura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior 2.- Informe do Coordinador Nacional e das distintas Secretarías, análise e avaliación dos contactos recentes e resolucións que procedan. 3.- Candidaturas e candidatos Galeguistas para as Eleccións Municipais do 2011, informe de situación nos Concellos nos que o PG conta con representación ou presentouse candidatura nas anteriores municipais, analise e avaliación; asimesmo, tendo en conta o antecedente das Municipais do 2007, que trasladaron ó electorado destas cidades unha imaxe adulterada do ideario e praxe política Galeguista, elaboración dun programa de traballo específico para a conformación da candidatura e designación dos candidatos Galeguistas en Vigo e A Coruña. 4.- Convocatoria do Consello Galeguista 5.- Proposta ó Consello Galeguista de reaxustes na Executiva Nacional. 6.- Rogos e preguntas. Asdo: Francisco López Coordinador Nacional do PG |
|
|
|
|
En outubro do ano pasado, o Progreso de Lugo publicaba unha entrevista –posibelmente a derradeira que concedeu- que Cristina Arias fixolle a Antón Moreda. Verbas históricas, sentidas e caviladas, dun Antón Moreda que proclamaba con orgulo a sua inequívoca vinculación militante ó noso Partido Galeguista . ¿Que queda do galeguismo que viviu vostede en Bos Aires? Moitos regresamos, seguimos sendo galeguistas ó máximo e se tiveramos a oportunidade declararíamos a independencia. Seguimos tendo ideais e conseguimos enraízalos de volta. Pero hoxe falta formación galeguista. Hai algo de historia, saben que vimos das Irmandades da Fala, pero non hai asumida unha conciencia galega. Cos anos a sociedade terminará esmagando ó galeguismo. Hoxe hai que diferenciar un galeguismo, o que sinte ese amor incondicional por Galicia, os que nacimos nela, loitamos por ela e morreremos nela. E outro, o político, que é a reconstitución do Partido Galeguista, no que hai de todo. ¿Cal é o futuro do nacionalismo? Para min está condicionado pola actuación do actual Partido Galeguista, que pide o voto á xente de clase media, pero ás veces esquéncese de que o nacionalismo galego é de esquerdas. Pese ó seu traballo polo galeguismo é alguén descoñecido para moita xente. ¿Cree que a historia non lle deu o seu lugar? O Partido Galeguista ten que tomar cartas non somentes na miña actuación, senón ter en conta a moitos que loitaron polo galeguismo mentras eles estudiaban ou traballaban. a obrigación actual do partido, que está bastante moderado, é non esquencerse de xente como Alonso Ríos, Ánxel Fole e moitos outros que levaron o galegusimo ó último extremo. ¿Se lle deran a oportunidad, participaría activamente en política? Se a miña saúde o permite si. Estou afiliado ó Partido Galeguista. Pero teño un montón de diagnósticos, tratamentos. |
|
|
|
|
A humildade dos grandes homes, dos que realmente mudan o destino dos pobos con actos de servizo e sacrificio para os que, as mais das veces, a historia oficial dedica escaso espazo, ten sido para min un referente crucial a hora de entender e practicar a doutrina Galeguista. Viven na miña memoria, todos e cada un de eles, acadando unha inmortalidade que transcende a mera traxectoria de vida e proxectase nas xeracións vindeiras como un facho que alumea a razón de ser e a percepción de sentirse Galeguista. Irmáns antes que mestres por decisión de eles mesmos, persoeiros únicos cos que levo compartido todos e cada un dos camiños da loita infinda pola Identidade e a Terra que, sen perde-lo folgo, leva sendo a cerna existencial do imprescindible movemento Galeguista. Hai un lugar especial na miña memoria para cada un de eles, para cada un dos seus sorrisos e das súas bágoas, para cada pinga de suor coa que regaron abondosamente a Terra, con maiúsculas, internacional da Identidade Nacional Galega. Hoxe acadaou, se é que xa antes non a tiña acadado, a inmortalidade o irmán Antón Moreda; en algún tempo futuro contareille os meus netos que tiven a honra de sentir o meu e o seu Galeguismo camiñando na mesma dirección, coa seguridade de que o porvir gañase con traballo e esforzo no presente, superando as eivas e tentativas de confusión que sementan os galeguistas con minúsculas que, aínda que colguen medallas no seu peito, pasan sen deixar rastro porque non hai cousa mais efímera que as ansias de figurar e os persoalismos. Irmán Antón, grazas por existir; conto contigo para seguir facendo ese acto de fe e esperanza que se concreta nunha frase tan sinxela e homilde como rotunda e definitiva: “¡Sempre por Galiza, irmáns!; ¡¡Sempre Galeguistas!!” Xabier González Presidente da Federación de Ateneos Galeguistas Ex-Presidente do Partido Galeguista |
|
|
|
|
Co fondo sentimento que provoca a súa perda, dar conta do pasamento do irmán e mestre Antón Moreda Rodríguez, medalla de ouro do Partido Galeguista quen xa pertence para sempre a memoria coleitiva do movimento Galeguista e do P.G. Antón Moreda Rodríguez (nado en San Miguel de Reinante – Lugo, no ano 1.934) foi un dos fundadores das Mocidades Galeguistas de Bós Aires (ano 1.953), das que foi Secretario Xeral e participou no I Congreso da Emigración Galega; participou no mítico colectivo Brais Pinto, no que mantén unha estreita relación con Raimundo Patiño e Méndez Ferrín, e foi un dos fundadores Presidente do Consello da Mocidade (1.963). A Executiva Nacional acordou por unanimidade concederlle a máxima distinción partidaria, o emblema histórico en ouro do P.G., polo seu compromiso e activismo político na defensa das liberdades da Galiza e do ideario Galeguista. A figura sobranceira deste Galeguista xongue nunha mesma expresión o Galeguismo Histórico e o Contemporáneo; para esta xeración, orgulosa de militar nun partido como o noso que está a construír o Galeguismo do século XXI, a súa exemplar traxectoria é un referente de valor incalculable tanto pola súa enerxía vital como pola humildade da que soubo facer un exemplo de grandeza. Nós, os Galeguistas, eliximos en quen deposita-la nosa devoción e o noso respecto, o irman Antón Moreda ten e terá sempre un lugar nesta historia que ninguén vai a escribir por nós porque, a través do Partido Galeguista, pertence o pobo Galego e a esa Galiza verdadeira e nobre que transcende a calquera xeración e a calquera tempo. As honras fúnebres, que terán lugar mañán xoves, día 4 de Febreiro, en San Cosme de Barreiros, asistirá Francisco López “Chesqui”, na súa condición de Coordinador Xeral do Partido Galeguista e por delegación expresa do Presidente do Partido Galeguista, Xesús Manuel Suárez, así como integrantes da Executiva Nacional do P.G. Como homenaxe póstumo, serán portadores da Bandeira Histórica de Galiza (entregada polos Galeguistas de México fai perto de trinta anos a Dirección lexítima do Partido Galeguista) coa que se cobreu o cadaleito de Galeguistas ilustres como D. Ramón Martínez López e Manolo Beiras, entre outros, para renderlle as honras Galeguistas das que é merecente o xa inmortal Antón Moreda. Irmán Antón, Sempre por Galiza, Sempre Galeguistas. |
|
|
|
|
O Coordinador Xeral do PG, co visto bó do Presidente, convocou á Executiva Nacional do para unha xuntanza ordinaria o vindeiro sábado 7 de Novembro, ás 11 da mañan, no Hotel Katiusca de Silleda e co seguinte orden do día: 1º.- Lectura e aprobación da Acta da xuntanza anterior 2º.- Estratexia do PG cara as seguintes Eleccións Municipais do 20011 3º.- Actualización e Regularización do Censo de Afiliados 4º.- Rogos e preguntas O Coordinador Xeral proporá a Executiva Nacional unha axenda de traballo do PG cara as vindeiras Eleccións Municipais que ten como eixo un traballo coordinado de implantación que posibilite chegar a elas co aval de presentar a cidadanía un traballo Galeguista consolidado, de seguimento e iniciativas. |
|
|
|
|
O Partido Galeguista apoiou e participou na manifestación en defensa dos dereitos políticos, administrativos e civís, do Galego; compartindo presenza con Coalición Galega, baixo os lemas común: “Non renuncies a nada, o Galego danos + Identidade” e “Sempre por Galicia, Sempre en Galego”. A Identidade Galega, expresión internacional da nación Galega, acada a súa mais ampla, lexítima e histórica expresión a través do idioma Galego. Hoxe, en Santiago, como fai perto de cen anos fixeron as Irmandades da Fala por toda Galiza, milleiros de Galeg@s erguemo-la voce en nome do pobo Galego, reclamando o dereito a que o noso idioma teña recoñecemento e presenza xa non só a nivel nacional senón, en réxime de igualdade con outras linguas, nas instancias estatais, europeas e internacionais; nunha mensaxe común, sociocultural e multipartidaria, á que a Xunta de Galicia non pode facer ouvidos xordos porque son, en primeirísimo lugar, as Institucións galegas, en representación dos cidadáns, as que teñen que asumir inqeuívocamente a defensa doo idioma Galego e dos dereitos lingüísticos que, como Galeg@s, temos. Os Galeguistas respetamos o espírito de que calquera lingua ou idioma ten que ser unha ferramenta efectiva que facilite a comunicación social e non provoque situacións de incomunicación; agora ben, na Galicia o idioma oficial non pode ser outro que o Galego, iso non implica que atendendo a realidades históricas de convivencia secular, o idioma Castelán teña rango de lingua cooficial. “Non renuncies a nada, o Galego danos + Identidade” “Sempre por Galicia, Sempre en Galego” |
|
|
|
|
![]() |
|
|
|
|
"Proposta Galeguista de III Estatuto de Galicia, 2006" I.- A identidade Galega ten no idioma Galego a súa lexítima e histórica expresión lingüística. Xa que logo a lingua oficial do Reino de Galicia é o Galego. II.- O pobo galego ten dereito a que o seu idioma teña recoñecemento e presenza, en réxime de igualdade con outras linguas, nas instancias estatais, europeas e internacionais. Es institucións galegas, en representación dos cidadáns, asumen a defensa deste dereito lingüístico. III.-As institucións galegas garantirán o dereito a usar e o dereito e deber dos galegos de coñecer a lingua Galega, arbitrando as medidas e medios necesarios para asegurar o seu coñecemento. IV.-Atendendo a realidades históricas de convivencia secular, o idioma Castelán ten o rango de lingua cooficial do Reino de Galicia. V.- Os poderes públicos do Reino de Galicia potenciarán e promoverán o emprego do Galego en todos os planos da vida social, pública, cultural, económica, xudicial e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. VI.-Respetando o espírito de que calquera lingua ou idioma ten que ser unha ferramenta efectiva que facilite a comunicación social e non provoque situacións de incomunicación, os poderes públicos e as Institucións Galegas, tendo en conta a diversidade socio lingüística do Reino de Galicia, arbitrarán fórmulas e medidas integradoras para as persoas e/ou colectivos que non teñan o Galego como primeiro idioma, garantindo deste xeito que ninguén sexa discriminado por razón da lingua. |
|
|
|
|
A Executiva Nacional investigará o presunto furto, apropiación indebida e uso non autorizado de datos do Partido Galeguista que implicarían a integrantes cesados da anterior Executiva Nacional. Desde a presunción de inocencia que xenerosamente aplicamos nesta investigación, de concretarse os indicios, o PG adoptará medidas legais que afectaran principalmente a Ramón López Díaz (ex Secretario de Organización) e que se extenderían a Antonio Varela Álvarez (ex Vicepresidente do PG, expulsado o pasado 12 de Setembro do 2009). A democracia susténtase na actuación honorable e respectuosa coas Leis tanto dos governantes como de todos aqueles que teñen cargos de responsabilidade dentro dos Partidos Políticos. Aínda que apliquemos en tódolos casos e con tódalas consecuencias o principio de presunción de inocencia, as actuacións, cando son incorrectas, non poden quedar na impunidade e deben ser investigadas e mesmo denunciadas para establecer e depurar tódalas responsabilidades que de elas se deriven; non facelo así sería unha fallla de responsabilidade e un pésimo exemplo social . O Gabinete Xurídico do PG mantén abertas varias liñas de investigación, algunhas de elas a espera de documentos oficiais como é o caso dos presuntos fraude en documento público e contra a seguridade do tráfico xurídico que afectan a constitución da Coalición Mais Galicia, outras xa na tramitación final como son a investigación que se centra no chamado Partido Centrista Galeguista, os seus promotores e a relación existente entre eses promotores e o acto celebrado o 12 de Setembro en Redondela que, desde algúns individuos que tiveron secuestrada a democracia partidaria do PG ate que o Consello Galeguista do 29 de Agosto e a Comisión de Garantías puxeron punto final ós seus manexos, quixo presentarse como “Congreso do PG” pero no que apenas corenta persoas escenificaron, de facto, un homenaxe a Alexandre Bastos, Concelleiro electo polo PG en Redondela que foi expulsado por ter sido condenado polos tribunais por vexacións a unha muller. A Dirección do PG non admitirá nin permitirá a usurpación do seu nome nin das funcións e cometidos dos órganos e cargos lexítimos; as accións legais encamiñaranse de xeito principal aqueles que aparecen nos medios de comunicación arrogandose cargos no PG que non teñen e alcanzarán a todos aqueles que, conscientes ou enganados, se presten a esa manipulación que o único que pretende e perxudicar ó Partido Galeguista. |
|
|
|
|
Ratificada polo Presidente, o Coordinador Xeral, Francisco López “Chesqui”, ven de convocar á Executiva Nacional do Partido Galeguista para o próximo sábado, día 26 de Setembro, as 11:00 horas, no Hotel Galatea de Portonovo. Dentro dos asuntos a tratar na orde do día da Executiva Nacional está o informe do Coordinador Xeral, as propostas remitidas pola Secretaria de Organización, informes das distintas Secretarías, aspectos relacionados coas medidas correctoras e accións legais que o PG porá en marcha de inmediato para levar diante dos tribunais os responsables de usurpación de funcións, uso indebido da denominación Partido Galeguista para celebrar actos que nada teñen que ver co PG e apropiación de arquivos e datos propiedade do Partido Galeguista. O Coordinador Xeral subliña “a normalidade e a irmandade que se respira na Executiva Nacional desde que o Consello Galeguista procedeu a remodelación, un ambiente de traballo no que a ilusión que todos compartimos fai mais fácil recuperalo tempo perdido nestes últimos meses”. |
|
|
|
|
TEXTO DA CARTA ENVIADA POR COALICIÓN GALEGA Ó PARTIDO GALEGUISTA “O servizo leal á Galiza ten, historicamente, dous indiscutibles referentes políticos: Coalición Galega e Partido Galeguista. Ámbalas dúas formacións políticas levan sido pioneiras en representar nas Institucións á Galicia, sempre guiadas polos auténticos valores do Galeguismo como teoría e praxe de defensa eficaz e positiva de todo o que, nacional e internacionalmente, representa a nosa Terra. Os tempos de hoxe esixen pensamentos de hoxe, ideas actuais e propias, posicionamentos positivos, capacidade para escoitar con atención e respecto á cidadanía xunto ó carácter e a convicción firme que permiten defender aquilo que demanda a sociedade nos foros ou instancias que sexa necesario. Como cidadáns estamos dentro da historia da Galicia, aínda que algúns coiden que son eles e ninguén mais que eles a historia; temos dereito a deseñar nós mesmos a Galiza que queremos, a rexeitar mimetismos con outras nacionalidades históricas porque nós temos a nosa propia e xenuína Identidade. Porque temos dereitos, deberes, recursos propios e unha cidadanía útil: A SER MAIS GALEGOS E MENOS DEPENDENTES. Coalición Galega e o Partido Galeguista son a mellor expresión e a cerna do movemento Galeguista que é cada vez mais imprescindible que siga na area política como alternativa diferenciada, capaz de chegar con forza as Institucións e aplicar un modelo de actuación política, social, económica e cultural positiva e eficaz para a nosa Terra. Estamos convencidos de que chegou o intre de que ámbalas dúas forzas lideren o proxecto de reconstrución nacional da Galiza, de que xunten as súas inquedanzas e presenten a sociedade Galega unha acción política común ilusionante e capaz de garanti-lo porvir. Consonte co devandito, convidamos o P.G. a encetar un proceso de reflexión conxunta que teña como obxectivo recuperala representatividade social e Institucional do movemento Galeguista.” A Executiva Nacional do Partido Galeguista recibiu a carta de Coalición Galega con entusiasmo pola significación histórica e de reconciliación, despois de 25 anos, entre Galeguistas. Non é posible contar nin entender a historia nacional da Galiza, no século XX, sen ter como referentes a Coalición Galega e o PG; ambalas dúas formacións foron as primeiras en conseguir que a nosa Terra tivera voz propia no Parlamento Español, foi Coalición Galega quen levou tamén esa voz Galega por primeira vez ó Parlamento Europeo, como tamén foi clave o seu compromiso para que por primeira vez a Galiza tivera un governo da Xunta moderno e de marcado carácter progresista, Galeguista e nacionalista; en resumo, son en conxunto a mais cualificada e histórica plataforma política que tivo e ten Galiza. O PG está convencido de que traballando xuntos, para presentar un proxecto común ó electorado Galego, conseguiremos unha suma multiplicadora histórica, única e singular, que representará con forza social e institucional ó Galeguismo do século XXI.
|
|
|
|
|
A Comisión de Garantías ven de comunicar á Executiva Nacional do Partido Galeguista a resolución de EXPULSIÓN do exVicepresidente Antonio Varela e do Concelleiro de O Grove Alfredo Bea. Respecto da expulsión de Antonio Varela, a Comisión considera suficientemente probado que “a única Coalición Electoral para as Eleccións ó Parlamento Galego de Marzo do 2009 que aprobou o Consello Galeguista foi a do Partido Galeguista co partido Terra Galega” e que “ate o 29 de Agosto do 2009 non se celebrou regulamentaria e válidamente ningún Consello Galeguista que modificara a decisión adoptada o 19 de Abril do 2008”. A CG entende que “é un feito probado que o Partido Galeguista constituíu unha coalición electoral baixo o nome de “Mais Galicia” ou “+G” co Partido Centrista Galeguista (PACEGA), nun período no que D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ, por mor das funcións delegadas da Presidencia, era o máximo responsable político do Partido Galeguista e necesariamente tiña que estar informado e aprobar calquera decisión ou documento do PG, moito mais se estes documentos tiñan que ver cunha coalición electoral”, que “en ningún momento, D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ informou o Presidente e Representante Legal do Partido Galeguista, D. Xesús Manuel Suárez García, de que o Partido Galeguista coaligabase co Partido Centrista Galeguista (PACEGA)” e que “non se coñece actividade algunha do citado Partido Centrista Galeguista (PACEGA) nin desde a súa fundación ate a sinatura da constitución da devandita Coalición, nin tampouco desde ese intre ate o presente. Cabe, polo mesmo, considerar que estamos diante dunha formación pantasma ou testemuñal, con vinculación non determinada con D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ.” No segundo apartado da resolución, a Comisión de Garantías considera “que existen probas evidentes, agravadas por indicios razonables e suficientes, nunca desmentidos mediante a aportación de probas exculpatorias por parte do acusado, de que podemos estar xa non só diante dunha grave falta de réxime interno do Partido Galeguista, senón de presuntos delitos de fraude en documento público e contra a seguridade do tráfico xurídico que, por imperativo legal e das potenciais implicacións penais e administraticvas, deben ser considerados a hora de dictar a resolución de iste expediente”. Polo devandito, a “Comisión de Garantías resolve EXPULSAR DE XEITO INMEDIATO a D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ, o que implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista”. Asimesmo, a Comisión decide “manter aberta a instrucción diste expediente para depurar tódalas responsabilidades e actuar no caso de que existan indicios probatorios de presuntos delitos de fraude en documento público, contra a seguridade do tráfico xurídico, etc., imputables a D. ANTONIO VARELA ÁLVAREZ ou a calquera outra persoa. Consonte co devandito, en canto conclúa a investigación, esta Comisión remitirá a Executiva Nacional e o Consello Galeguista o informe completo e as probas para que as instancias pertinentes do PG podan, no seu caso, interpor as denuncias a que houbese lugar ou trasladarllo á Fiscalía Xeral de Galicia para que adopte as medidas correctoras que procedan”. Estas resolucións poden ser recorridas, segundo establece o Artigo 49 dos Estatutos vixentes, diante do Consello Galeguista, en primeiro recurso, e en segundo recurso diante do primeiro Congreso Nacional ORDINARIO que se celebre. Por outra parte, a “Comisión de Garantías resolve EXPULSAR DE XEITO INMEDIATO a D. ALFREDO BEA GARCÍA, o que implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista”. De xeito resumido, a Comisión considera suficientemente probado que: “D. ALFREDO BEA GARCÍA, sen aprobación expresa dos órganos competentes do PG, participou nun acto político do BNG, o 19 de Xaneiro do 2009, e mesmo escenificou o seu apoio público cunha fotografía na que aparece xunto a Anxo Quintana; e que ten participado nunha xuntanza da Executiva do PSdeG-PSOE de O Grove, na que defendeu unha postura do Alcalde de O Grove que estaba a ser criticada pola súa Executiva Local, e que o acusado non negou en ningún momento a esta Comisión de Garantías” Asimesmo, a Comisión de Garantías resolve que en aplicación do Artigo 79 dos Estatutos vixentes do PG (que establecen que “independentemente de tódalas circunstancias que puidesen ocorrer, se un membro do P.G. fose elixido para algún cargo público e non estivese disposto nun momento dado a cumprir as normas estatutarias <….> queda solemnemente comprometido a dimitir dos cargos para os que fose elixido en base á confianza que a organización lle tivese outorgado, ó propoñelo e apoialo no seu momento para o cargo en cuestión”) e noArtigo 79.1 (que sinala que “tódolos candidatos deberán acepta-lo anteriormente dito para seren postulados como tales pola organización, e comprometer solemnemente a súa palabra de honor a eses efectos”), cabe esixirlle a D. ALFREDO BEA GARCÍA o INMEDIATO CESE NA SÚA CONDICIÓN DE CONCELLEIRO ELECTO POLO PARTIDO GALEGUISTA, A DIMISIÓN E ENTREGA DA ACTA DE CONCELLEIRO E A SÚA SUBSTITUCIÓN POLO CANDIDATO DA LISTA PRESENTADA POLO PG EN O GROVE QUE CORRESPONDA. Estas resolucións poden ser recorridas, segundo establece o Artigo 49 dos Estatutos vixentes, diante do Consello Galeguista, en primeiro recurso, e en segundo recurso diante do primeiro Congreso Nacional ORDINARIO que se celebre. A Comisión resolve, asimesmo, que no expedente a Victor Otero Prol é procedente determinar e delimitar con precisión e exactitude a súa participación nos feitos denunciados, dado que coinciden cos incluídos no caso de Alfredo Bea García e non queda totalmente claro se iste actuou pola súa conta ou contou coa colaboración e beneplácito de Victor Otero Prol. |
|
|
|
|
As 12 horas de hoxe, 10 de Setembro, entregouse no Concello de Redondela on seguinte requirimento dirixido o Sr. Alcalde Presidente: “Enterados de que o próximo día 12 de Setembro tense previsto realizar un acto, baixo a denominación de “Congreso do Partido Galeguista”, no Auditorio Municipal de A Xunqueira, requirimolo a vostede nos seguintes termos: 1. Que na actualidade determinadas persoas están a suplantar ós órganos de goberno legalmente constituídos e que figuran no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior do Partido Galeguista. 2. Que o Consello Galeguista, de acordo cos Estatutos vixentes, ANULOU e DESCONVOCOU o Congreso Extraordinario fixado para o 12 de setembro en Redondela, disolveu a Comisión Organizadora e cesouna nas súas funcións; decisión que aceptou a Executiva Nacional e da que informou de xeito interno e público. 3. Que polo tanto no se poderá denominar “Congreso do Partido Galeguista” a ningunha xuntanza que celebren e especialmente a convocada para o 12 de Setembro en Redondela. 4. Que o Partido Galeguista non autoriza baixo ningún concepto a utilización das súas siglas nin da súa denominación en ningún tipo de relación con terceiros, nin para contraer ningún tipo de obrigas, especialmente as de índole económica, das que este Partido non se fará cargo. 5. Que, respecto do citado acto do día 12 de Setembro que se anuncia en instalacións municipais do Concello de Redondela, o Partido Galeguista non se fai responsable de conflitos ou calquera xeito de alteración do orde público que hipoteticamente podan producirse, nin dos danos que poidan ocasionar, nin das responsabilidades civís e/ou penais relacionadas. Coa advertencia expresa de que serán responsables os convocantes como persoas físicas e, de xeito subsidiario, a Entidade, Empresa ou Persoa, que ostente a titularidade do local no que se celebre a devandita xuntanza que, neste caso, entendemos que é o Concello de Redondela. 6. Que o Partido Galeguista exercerá as accións legais que correspondan para evitar a utilización, ou o consentimento para a utilización, das siglas ou denominación do Partido Galeguista que conlevan graves danos a imaxe pública do PG; considerando cómplice corresponsable á Entidade, Empresa ou Persoa, que ostente a titularidade do local no que se celebre calquera xuntanza que leve por denominación “Congreso do Partido Galeguista” ou semellantes que poidan inducir a confusión que, neste caso, entendemos que é o Concello de Redondela. 7. A consideración de complicidade e corresponsabilidade civil e penal estenderase ás Entidades, Empresas ou Persoas, que proporcionen soporte promocional e/ou publicitario, de calquera tipo, no que se faga alusión á celebración dun Congreso do Partido Galeguista o día 12 de Setembro do 2009 en Redondela. De xeito enunciativo e non limitativo, o devandito afecta a calquera soporte de dominio e/ou titularidade do Concello de Redondela, incluído o propio Auditorio Municipal de A Xunqueira, no que se instalen carteis, pancartas ou publicidade nas que se invoque, por impresión ou por relación iconográfica, ó Partido Galeguista, a súa simboloxía rexistrada no Ministerio do Interior e que pode consultarse na web www.partido-galeguista.org , ou calquera outro formato que induza a considerar que é un acto relacionado co Partido Galeguista. 8. Consideramos que ATE A DATA DESTA COMUNICACIÓN, a actuación do Grupo de Governo do Concello de Redondela foi correcta e axustada a dereito. O Partido Galeguista non desexa entrar en conflito algún co Concello de Redondela por causa de que un grupo de persoas, adoptando unha representatividade da que carecen, abuse da boa fe e non teña en conta de que a consecucións dos seus fins de danala imaxe do Partido Galeguista pode implicar a terceiros en procedementos legais graves. O espírito deste requirimento é por no seu coñecemento a situación, solicitando como medida correctora axeitada a REVOCACIÓN E ANULACIÓN DA AUTORIZACIÓN DE USO DO AUDITORIO DE A XUNQUEIRA en base a que os órganos oficiais do Partido Galeguista decidiron, con data 29 de Agosto do 2009, desconvocar e anular o Congreso previsto para o día 12 de Setembro en Redondela. A decisión do Consello Galeguista, máximo órgano do PG entre Congreso, oficializouse diante das instancias oportunas e a Acta de obra en poder do Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior.” |
|
|
|
|
Como é perceptivo, o Partido Galeguista comunicou ó Concello de Redondela a Expulsión de Alexandre Bastos; burofax que foi entregado o 9 de Setembro as 12 horas e no que se facía constar o seguinte: “Que na composición actual da Corporación de Redondela figura, adscrito ó Grupo Mixto, D. Alejandro Bastos Fernández como Concelleiro electo pola candidatura que o Partido Galeguista presentou en Redondela. Que os órganos competentes do PARTIDO GALEGUISTA (PG) resolveron nas datas 21 de Agosto e 29 de Agosto do 2009, EXPULSAR a D. Alejandro Bastos Fernández, en aplicación do establecido nos Artigos 52 e 53 dos Estatutos vixentes do Partido Galeguista, que é procedente pola existencia dunha sentencia condenatoria en firme que considera probado que D. Alejandro Bastos Fernández cometeu delito, na calificación de falta, de “vexacións previsto no artigo 620 do Código Penal”. Que, asimesmo, a expulsión de D. Alejandro Bastos Fernández implica a perda da súa condición de militante do PG e a prohibición expresa do uso de calquera término ou expresión que o relacione co Partido Galeguista. Que, o Artigo 79 dos Estatutos vixentes do PG establece que “independentemente de tódalas circunstancias que puidesen ocorrer, se un membro do P.G. fose elixido para algún cargo público <….> queda solemnemente comprometido a dimitir dos cargos para os que fose elixido en base á confianza que a organización lle tivese outorgado, ó propoñelo e apoialo no seu momento para o cargo en cuestión”; aspecto que se amplía no Artigo 79.1 que sinala que “tódolos candidatos deberán acepta-lo anteriormente dito para seren postulados como tales pola organización, e comprometer solemnemente a súa palabra de honor a eses efectos”. Consonte co devandito, o Partido Galeguista reclamará de D. Alejandro Bastos Fernández a dimisión e a entrega da súa acta de Concelleiro electo en Redondela, para que sexa substituído por quen corresponda da Candidatura presentada polo Partido Galeguista. Que, desde o intre desta notificación, D. Alejandro Bastos Fernández carece de representatividade algunha relacionada co Partido Galeguista, tanto diante do Concello de Redondela como en calquera outra instancia ou organismo Municipal, Autonómico ou Estatal. Consonte co devandito, D. Alejandro Bastos Fernández non pode actuar nin asinar documentos en nome do PG, nin participar nos Plenos da Corporación como Concelleiro do PG, nin percibir subvención ou remuneración algunha relacionada co Partido Galeguista.” |
|
|
|
|
![]() |
|
|
|
|
Con data 4 de Setembro de 2009, en convocatoria extraordinaria aprobada e autorizada polo Consello Galeguista, máximo órgano entre Congresos, de 29 de Agosto de 2009, xuntouse regulamentariamente en primeira convocatoria e con quórum suficiente –superando os asistentes a metade máis un dos integrantes, segundo o Articulo 15.3- a Executiva Nacional do Partido Galeguista, adoptando, entre outros, os seguintes acordos: 1.- De acordo cos Estatutos vixentes, articulo 16.3, por UNANIMIDADE nomease COORDINADOR XERAL a D. Francisco López Franco e a efectos orgánicos e competenciais, a EXECUTIVA NACIONAL DO PARTIDO GALEGUISTA queda configurada segundo o seguinte: o Membros natos: o PRESIDENTE: Xesús Manuel Suárez García o VICEPRESIDENTE: D. Ángel Rodríguez Conde o COORDINADOR XERAL: D. Francisco López Franco o SECRETARIA DE ACTAS: Dª Teba Conde Herrezuelo o SECRETARIO DE IMPLANTACIÓN: D. Ramón Rodríguez Cobas o SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN: D. Jon Francisco González Pérez o SECRETARIO DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS: D. Manuel Chas París o SECRETARIO DE RELACIONS EXTERIORES: D. Francisco Pérez García o VOCAIS: D. Manuel Marante Gómez, D. Pedro Agra Aguión, Dª Rocío López Vecino, Dª Monserrat Viqueira Neira, D. Francisco Bugallo Feijoo, D. Francisco Javier Martínez Méndez, D. Eduardo Rubianes Castro, Dª Mª Esther Rodríguez Vázquez, D. Manuel Barcala Pereiras, Dª Maite Fernández Piñeiro, Dª Vanessa Prieto Giráldez, Dª Isabel Gutiérrez Fábrega, D. Jesús Martínez López, Dª Khaterine Varela Fernández, D. Antonio Deza Alves, Dª Lucía Vázquez López, D. Pablo López Barrera, D. Orlando Villamayor Torres, D. Camilo Conde López, D. Víctor Manuel León Queiro, D. José Antonio García Jurjo y D. Manuel Touriño Camiña O Coordinador Xeral e os distintos Secretarios nomeados aceptan o cargo e toman posesión de íl.
2.- Por UNANIMIDADE e dando cumprimento ó decidido polo Consello Galeguista de 29 de Agosto de 2009, procedeuse a nomear PRESIDENTES das COMISIONS XESTORAS que auditarán e regularizarán a vida partidaria das XUNTAS LOCAIS con Executivas disoltas po lo citado Consello Galeguista, quedando nomeados D. Manuel Barcala Pereiras como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Vigo, D. Francisco Prieto Prol como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de O Grove, D. Manuel Chas París como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Redondela e D. Camilo Conde López como Presidente da Comisión Xestora da Xunta Municipal de Monforte de Lemos. 3.- A Executiva Nacional constata que o “Regulamento Interno da Executiva Nacional” no ten sido presentado, como é perceptivo, para o seu debate e aprobación diante do Consello Galeguista. Por UNANIMIDADE acordase presentalo no próximo Consello Galeguista e cumprir así os requisitos Estatutarios que outorgan validez o devandito Regulamento Interno. 4.- A Executiva Nacional, cumprindo o aprobado polo Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos do Partido Galeguista segundo o sinalado no Articulo 11 dos Estatutos vixentes, do 29 de Agosto de 2009, procede a ANULAR e DESCONVOCAR A CONVOCATORIA DE CONGRESO EXTRAORDINARIO fixado para el 12 de Setembro en Redondela; asimesmo disolve a Comisión Organizadora e o ordena o cese nas súas funciones, deixando sen efecto, si as houbera, tódalas resolucións e/ou comunicacións internas e externas da devandita Comisión Organizadora. Asimesmo, a Executiva Nacional reitera as distintas Xuntas Locais e demais órganos do Partido Galeguista a información relativa a anulación e desconvocatoria do citado Congreso Extraordinario, incluíndo de forma resaltada esta información na web www.partido-galeguista.org 5.- A Executiva Nacional expresa a súa preocupación polos graves danos a imaxe do Partido Galeguista que están a ocasionar certas persoas que aparecen publicamente arrogándose unha representatividade política, e posiblemente administrativa, do Partido Galeguista que non teñen. Esta usurpación de representatividade que está a sufrir o PG inclúe indicios de presuntos delitos contra a seguridade do tráfico xurídico e presuntos fraude ou falsidade en documento público, que agora mesmo está a investigar a Comisión de Garantías. A Executiva Nacional acordou por UNANIMIDADE trasladar ó Gabinete Xurídico instrucións para que proceda pola vía legal para perseguir estas accións e depurar responsabilidades, sexan estas penais ou administrativas. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cumprindo co acordo do Consello Galeguista do pasado 29 de agosto, e a petición de membros da Executiva Nacional ao abeiro do art. 15.2 dos estatutos vixentes, convócase reunión estraordinaria da Executiva Nacional a celebrar o venres 4 de setembro ás 19h. en primeira convocatoria e ás 19.30h. en segunda convocatoria, no Hotel Katiuska en Silleda, ca seguinte ORDE DO DÍA: 1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior. 2.- Sinalamento de responsabilidades, cometidos e funcións dos membros da Executiva Nacional. 3.- Nomeamento de presidentes das comisións xestoras de diversas Xuntas Municipais. 4.- Outros asuntos. 5.- Rogos e preguntas. Manuel Suárez Presidente. |
|
|
|
|
O Presidente do P.G. vén de comunicarlle ao Ministerio do Interior os seguintes acordos do Consello Galeguista: MINISTERIO DEL INTERIOR REGISTRO DE PARTIDOS POLÍTICOS O Grove, a 29 de Agosto de 2009. D. XESUS MANUEL SUAREZ GARCIA, con DNI 33.219.221-E, Presidente y, según el Artículo 19 de los Estatutos vigentes, representante legal del PARTIDO GALEGUISTA (P.G.), a los efectos legales y administrativos que hubiese lugar COMUNICA Que con fecha 29 de Agosto de 2009, en convocatoria extraordinaria, se reunió reglamentariamente y con quorum suficiente el Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos del Partido Galeguista según lo señalado en el Artículo 11 de los Estatutos vigentes, adoptando, entre otros, los siguientes acuerdos que deben ser comunicados al Registro de Partido Políticos del Ministerio de Interior para que consten en él y se realicen las pertinentes actualizaciones documentales a que hubiere lugar: 1.- De acuerdo con los Estatutos vigentes, en sus artículos 12.4 y 12.5, el Consello Galeguista DECIDIÓ POR UNANIMIDAD, con la abstención del presidente, el cese, con fecha de hoy, como Vicepresidente y/o miembros de la Executiva Nacional del Partido Galeguista de las siguientes personas: D. Antonio Varela Álvarez, D. Ramón López Díaz, D. Xaime da Pena Ceide, Dª Sonia Bermúdez Paredes, D. Jorge García Caamaño, D. José Alfredo Bea García, D. Manoel Soto Ferreiro, D. Víctor Otero Prol, Dª Natalia Campos Barreiro, D. Luis Bóveda Canal, D. Sixto Sánchez Otero y D. Alejandro Bastos Fernández (cuyo cese por expulsión como militante del PG fue comunicado al Registro de Partidos Políticos mediante Burofax de fecha 23 de Agosto de 2009). 2.- De acuerdo con los Estatutos vigentes, en su artículo 12.6, y dado que los miembros cesados de la Executiva Nacional significan menos de las dos quintas partes de la Executiva Nacional, el Consello Galeguista DECIDIÓ POR UNANIMIDAD cubrir las vacantes y nombrar como Vicepresidente del PG y miembros de pleno derecho de la Executiva Nacional a D. Angel Rodríguez Conde, D. Manuel Marante Gómez, D. Pedro Agra Aguión, Dª Rocío López Vecino, Dª Monserrat Viqueira Neira, D. Francisco Pérez., D. Francisco López Franco, D. Francisco Bugallo Feijoo, D. Francisco JavierMartínez Méndez, D. Eduardo Rubianes Castro, Dª Mª Esther Rodríguez Vázquez y D. Manuel Barcala Pereiras. Todos ellos aceptaron su designación y tomaron posesión en el día de hoy, quedando constituida la EXECUTIVA NACIONAL DEL PARTIDO GALEGUISTA según lo siguiente: PRESIDENTE: Xesús Manuel Suárez García VICEPRESIDENTE: D. Ángel Rodríguez Conde VOCALES: D. Manuel Marante Gómez, D. Pedro Agra Aguión, Dª Rocío López Vecino, Dª Monserrat Viqueira Neira, D. Francisco Pérez., D. Francisco López Franco, D. Francisco Bugallo Feijoo, D. Francisco Javier Martínez Méndez, D. Eduardo Rubianes Castro, Dª Mª Esther Rodríguez Vázquez, D. Manuel Barcala Pereiras, Dª Maite Fernández Piñeiro, Dª Vanessa Prieto Giráldez, Dª Isabel Gutiérrez Fábrega, D. Jon Francisco González Pérez, D. Jesús Martínez López, D. Manuel Chas París, Dª Khaterine Varela Fernández, D. Antonio Deza Alves, Dª Lucía Vázquez López, D. Ramón Rodríguez Cobas, D. Pablo López Barrera, D. Orlando Villamayor Torres, D. Camilo Conde López, Dª Teba Conde Herrezuelo, D. Víctor Manuel León Queiro, D. José Antonio García Jurjo y D. Manuel Touriño Camiña. 3.- El Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos del Partido Galeguista según lo señalado en el Artículo 11 de los Estatutos vigentes, DECIDIÓ POR UNANIMIDAD ratificar la composición de la Comisión de Garantías, formada por D. Manuel Elías Pérez Alvarez (presidente de la Comisión), Dª Evangelina Sierra Bernardino (secretaria de la Comisión), D. Pablo Lozano Perdiño, Dª Belén Conde Freire y Dª Olga Mª Varela Fernández. Asimismo, por UNANIMIDAD ratificó todas las actuaciones llevadas a cabo hasta la fecha por la Comisión de Garantías, incluyendo resoluciones y expedientes tramitados y en trámite. 4.- El Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos del Partido Galeguista según lo señalado en el Artículo 11 de los Estatutos vigentes, DECIDIÓ POR UNANIMIDAD anular la validez de la reunión de Executiva Nacional de 23 de agosto de 2009 y de sus resoluciones, por graves irregularidades en su convocatoria y desarrollo. Asimismo, dado que la última Acta estatutariamente reglamentaria del Consello Galeguista tiene fecha del 28 de Septiembre del 2008 y teniendo en cuenta que pese a ser solicitadas en varias ocasiones a D. Antonio Varela Álvarez nunca fueron presentadas, el Consello Galeguista por UNANIMIDAD acuerda declarar la nulidad de todas las reuniones del Consello Galeguista celebradas entre el 28 de Septiembre de 2008 y el día de hoy. 4.- El Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos del Partido Galeguista según lo señalado en el Artículo 11 de los Estatutos vigentes, DECIDIÓ POR UNANIMIDAD anular la Convocatoria de Congreso Extraordinario del Partido Galeguista, previsto para el 12 de Septiembre del 2009. Convocatoria que queda sin efecto y conlleva la inmediata disolución del Comité Organizador y el cese de sus funciones. 5.- El Consello Galeguista, máximo órgano entre congresos del Partido Galeguista según lo señalado en el Artículo 11 de los Estatutos vigentes, DECIDIÓ POR UNANIMIDAD otras cuestiones de carácter interno, entre las que están (en aplicación del Artículo 12.28 de los Estatutos Vigentes) la disolución de las Ejecutivas de las Xuntas Municipais de Redondela, O Grove, Monforte y Vigo. Que en mi condición de Presidente del Partido Galeguista y representante legal ante el Ministerio del Interior, comunico estas resoluciones del Consello Galeguista, máximo órgano entre Congresos, a los efectos legales y de actualización documental de la inscripción del Partido Galeguista que obra en poder del Registro de Partido Políticos del Ministerio de Interior. Que queda a disposición del Registro Registro de Partido Políticos del Ministerio de Interior el Acta de la reunión Extraordinaria del Consello Galeguista en la que se adoptaron las decisiones y resoluciones que comunico en este Burofax. |
|
|
|
|
O presidente do partido vén de remitir esta comunicación ao Ministerio do Interior: "D. XESÚS MANUEL SUAREZ GARCIA, Presidente del PARTIDO GALEGUISTA (P.G.), a los efectos legales y administrativos que hubiese lugar COMUNICA Que con fecha 21 de Agosto de 2009, recibo de D. MANUEL ELÍAS PÉREZ ÁLVAREZ, Presidente electo en el IX Congreso de la Comisión Nacional de Garantías del Partido Galeguista, la comunicación oficial de que: “la existencia de una SENTENCIA CONDENATORIA EN FIRME que considera probado que D. Alexandre Bastos Fernández cometió delito, en calificación de falta, de vejaciones previsto en el artículo 620 del Código Penal, hace que, en aplicación de lo establecido en los Artículos 52 y 53 de los Estatutos vigentes del Partido Galeguista, esta Comisión de Garantías resuelve EXPULSAR DE FORMA INMEDIATA A D. ALEXANDRE BASTOS FERNÁNDEZ, lo que implica la pérdida de su condición de militante del Partido Galeguista y la prohibición expresa del uso de cualquier término o expresión que lo relacione con el Partido Galeguista” Que en mi condición de Presidente del Partido Galeguista ME DOY POR ENTERADO DE LA DECISIÓN SOBERANA DE LA COMISIÓN NACIONAL DE GARANTÍAS DEL PARTIDO GALEGUISTA, la acepto y, en la medida que ello fuere necesario a los efectos legales oportuno, la subscribo. Que en virtud de este fallo, comunico que D. ALEXANDRE BASTOS FERNÁNDEZ CESA A TODOS LOS EFECTOS LEGALES Y ADMINISTRATIVOS EN SU CONDICIÓN DE MIEMBRO DE LA EXECUTIVA NACIONAL DEL PARTIDO GALEGUISTA. La vacante en la Executiva Nacional será cubierta por la persona que designe el Consello Galeguista convocado para el sábado 29 de Agosto de 2009, a las 11:00 horas en primera convocatoria, en el Palacio de Exposiciones y Congresos de A Toxa (O Grove-Pontevedra) y cuya designación se comunicará al Registro de Partidos Políticos del Ministerio del Interior Lo que pongo en su conocimiento a los efectos legales y de actualización documental de la inscripción del Partido Galeguista que obra en poder del Registro de Partido Políticos del Ministerio de Interior." |
|
|
|
|
O Consello Galeguista é convocado prá reunión estraordinaria a celebrar o vindeiro día 29 de Agosto ás 11.00 horas en 1ª convocatoria e ás 11.30h. en 2ª, no Palacio de Congresos i Esposicións da Toxa (O Grove) Fago esta convocatoria ó abeiro do artigo 13.3 (“O Consello Galeguista tamén pode ser convocado, con carácter extraordinario <…> a iniciativa do Presidente, para mellor defensa dos intereses do Partido”) e 13.4 (“As sesións extraordinarias serán convocadas coa urxencia que requira o caso”) dos vixentes Estatutos do Partido Galeguista. O Orde do día da reunión é o seguinte: 1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior. 2.- Análise da situación interna do P.G. e adopción das resolucións que procedan en cada caso. Neste punto da orde do día incrúese o Informe do Presidente. 3.- Informe remitido pola Comisión de Garantías Democráticas e resolucións que procedan. 4.- Asuntos que teñen que ver cos seguintes apartados dos Estatutos do P.G.: 12.1.- Relativo a Congresos Ordinarios i Estraordinarios do Partido. 12.4.- Relativo a examina-la xestión da Executiva Nacional, á que se podería chegar esixirlle as responsabilidades políticas oportunas. 12.6.- Relativo á substitución de vacantes na Executiva Nacional. 12.12.- Relativo a garantir que os modos de xestión dos cargos públicos se adecúen ós comportamentos éticos e democráticos proclamados e defendidos polo Partido Galeguista. 12.27.- Relativo a determina-la política de alianzas do Partido. 12.28.- Relativo a que en caso de transgresións moi graves dos preceptos e das normas do P.G., o Consello Galeguista poderá suspender, ou mesmo disolver, unha Executiva Municipal ou mesmo unha Xunta Municipal. Nestes casos o C.G. nomeará unha Comisión Xestora para dirixir de xeito provisorio á organización no ámbito afectado. 5.- Rogos e preguntas. Manuel Suárez |
|
|
|
|
Queridos/as compañeiros/as: Recibimos unha convocatoria pra unha reunión da Executiva Nacional do P. Galeguista o próusimo 23 de agosto. Informo que a Comisión de Garantías do noso partido acordou con data 21 de agosto que procedía a suspensión cautelar de militancia, entre outros, do compañeiro que asina a convocatoria, D. Antonio Varela, polo que a referida convocatoria carece de eficacia e valor político e legal e, xa que logo, non procede realizar dita reunión. Unha aperta. Manuel Suárez. |
|
|
|
|
![]() |
|
|
|
|
Nos anos da ditadura estaba prohibido canta-lo himno galego, e á volta de tempo foi permitido cantar só a súa primeira estrofa, cecais porque a segunda apela á “redención da boa nazón de Breogán”. Dende logo, aos galeguistas nunca nos parou esta prohibición, porque non é posible calar o destino dun pobo nin o compromiso do seu partido nacional, e cantabamos a segunda estrofa aínda con máis xenio. Pra algúns aínda hoxe segue prohibida na súa cabeciña a segunda estrofa, aínda segue neles coutada a aspiración fundamental de redimir esta nación. Non é galeguista quen non está comprometido ca redención da nación galega; redimila siñifica comprender que está coutada, limitada nas súas lexítimas aspiracións nacionais, e comprometerse na loita diaria pra erguer as barreiras que o impiden, barreiras de fóra, pero maiormente de adentro, da pequeneza de ouxetivos, da autolimitación de espetativas, da cativeza de horizontes. É por eso que aquela segunda estrofa prohibida escomenza convocando aos bos e xenerosos, aos que renegan de prohibicións, aos que saben que os límites da nosa nación van alén das súas estreitas aspiracións persoais, alén da súa cativa e ruin necesidade de satisfacer a vanidade persoal; quenes teñen elevadas metas prá nación galega non pescudan con ansia grandiosas metas pra si mesmos. O Partido Galeguista é un partido de persoas que levaron a súa xenerosidade até dar a propia vida; por eso non hai cabida nel pra quenes non están dispostos a ser bos e xenerosos, amplos de mente e de aspiracións pra o país, e autorestrinxidos nos seus anceios de satisfación persoal. Son estes militantes os que poderán loitar con convición pola redención da boa nazón de Breogán. Dende América, neste Día Nacional de Galicia, mando apertas pra os bos e xenerosos do Partido Galeguista. Manuel Suarez |
|
|
|
|
A Executiva Nacional ven de celebrar unha xuntanza en Ourense o pasado martes día 7 de Xullo na que, para respecta-los tempos de traballo da Comisión Nacional de Garantías e defender do mellor xeito posíbel os dereitos de todos, se acordou muda-la fecha do Congreso Nacional para o 12 de Setembro próximo. Asemade, acordouse que a data última para comunicar posíbeis emendas ós relatorios aprobados pola Comisión Organizadora do Congreso e logo ratificados pola Executiva Nacional, así como para comunica-los delegados elixidos cara ó Congreso por cada Xunta Municipal, será a do 8 de Setembro próximo. O Congreso celebrarase, como estaba previsto, ás 10 da mañá na vila de Redondela cos seguintes puntos da orde do día: 1.- Presentación das credenciais dos delegados. 2.- Elección da mesa presidencial do Congreso. 3.- Decisión, se procede, sobre os afectados polos expedientes disciplinarios en curso. 4.- Debate e aprobación dos relatorios de Política e Estatutos. 5.- Elección dunha nova Comisión Executiva Nacional. 6.- Clausura do Congreso. O Comunicado da reunión está asinado polo Vicepresidente do PG Antonio Varela Álvarez como “Coordinador Nacional do PG”
|
|
|
|
|
“Con data de hoxe, comunícolle ao Vicepresidente do P.G., á Executiva Nacional e ao Consello Galeguista, así como á militancia do P.G., que retomo tódalas funcións e obrigas da Presidencia do P.G.” “A miña primeira actuación é convocar a unha reunión da Executiva Nacional e a outra do Consello Galeguista pra o mes de Agosto, en data que consensuarei con tódolos membros da Executiva Nacional e que oportunamente anunciarei”
Queridos/as compañeiros/as: No nadal do pasado ano, polas razóns que entón espliquei e en aplicación de unhas das facultades da Presidencia do Partido Galeguista segundo os Estatutos vixentes, deleguei temporalmente as miñas funcións no Vicepresidente e demais órgaos correspondentes do P.G. Con data de hoxe, comunícolle ao Vicepresidente do P.G., á Executiva Nacional e ao Consello Galeguista, así como á militancia do P.G., que retomo tódalas funcións e obrigas da Presidencia do P.G., agradecéndolles en nome dos galeguistas o esforzo, humán e político, realizado neste medio ano de xestión delegada. Como anexo a esta comunicación de reasunción de funcións, axunto a petición ao estimado Vicepresidente do P.G. de que me faga chegar de inmediato as actas orixinais das xuntanzas da Executiva Nacional e do Consello Galeguista que se teñan celebrado nestes sete meses. A normalización da vida interna do P.G. é un obxetivo obrigadamente común de todos nós que esixe, tamén a todos nós, deixar de consumir tódalas enerxías en hostilidades internas interminables e absolutamente improdutivas, algo que non dignifica o lugar que ao noso partido lle corresponde. Nó-nos podemos permitir contemplar pasivamente o imparable esmorecemento da nosa organización, polo que vos anuncio que a miña primeira actuación é convocar a unha reunión da Executiva Nacional e a outra do Consello Galeguista pra o mes de Agosto, en data que consensuarei con tódolos membros da Executiva Nacional e que oportunamente anunciarei, e reclamo que dende hoxe todos nos comprometamos a asumir unha actitude construtiva pensando en facer país por riba de calisquer outro ouxetivo. Unha aperta. Presidente Partido Galeguista. |
|
|
|
|
A Executiva Nacional do PG ven de celebrar una xuntanza en Ourense na que decidiu entre outras cousas: Que o X Congreso do PG se celebre o sábado 11 de Xullo próximo ás 10 da mañá en Redondela. Dar o visto bo ós relatorios que sobre política e estatutos lle remitiu a Comisión Organizadora do Congreso. Os relatorios serán enviados de inmediato ás Xuntas Municipais quen celebrarán Asembleas para aprobalos ou formularlle emendas, así como elixir os delegados que lles correspondan para o Congreso. A Executiva manifestou a súa vontade de chegar a consensos amplos con tódolos que sinceramente queiran traballar polo proxecto do PG, tanto nos relatorios coma na composición dos órganos de dirección que elixirá o Congreso. Ó mesmo tempo, e sempre co obxectivo de servir ós intereses da organización, defenderá con firmeza a vontade de mante-lo criterio de que se aparten do PG aqueles que reiteradamente teñen incumprido as normas aprobadas democraticamente nos Congresos do partido. |
|
|
|
|
Manolo Chas, na sua calidade de Presidente da Xunta Local do P.G. de A Coruña, diante da grave fractura interna do proxecto Galeguista, que para nada ten a súa orixe en posicionamentos ideolóxicos e sí, na materialización de enfrentamentos por protagonismos persoais, conscente de que estamos diante dunha situación na que o propio futuro do P.G. está en xogo, fai un chamamento co obxectivo de que todos xuntos poñamos punto final e axudemos a reconstruílo proxecto político que ten que unirnos a todos. Entendemos que a reunificación Galeguista ten que estar tutelado por aqueles que o IX Congreso elixiu por aclamación, como Presidente e Vicepresidente do P.G.; sendo isto así por canto existe un valdeiro real no exercicio da dirección do P.G. desde o cese do anterior Coordinador Xeral Manoel Soto, e a súa sustitución que foi totalmente ineficaz. Consecuente co devandito, a nosa petición é que o Presidente electo no IX Congreso asuma de novo as súas funcións de governo e administración da organización, o compañeiro irman galeguista Manuel Suarez, dimitindo todos os cargos actuais do Partido galeguista e permitindo a Manuel Suarez que propoña de xeito consultivo e non vinculante, solucions para a normalización e durante o tempo necesario ate acadar o grado de calma e regularización necesarias para iniciarmos o proceso que nos leve ao X Congreso do Partido Galeguista. A reunificación do Galeguismo pasa polo aprazamento da celebración do X Congreso do P.G., así como por unha reorganización eficaz da Executiva Nacional que posibilite recupera-la dinámica de traballo político do PG con aquelas persoas que verdadeiramente desexen implicarse nun proceso constructivo de recuperación dos valores Galeguistas e do traballo de campo imprescindible para calquera formación política dende os principios irrenunciables de xenerosidade e solidaridade, que sempre caracterizaron os homes e mulleres do Partido desde xa fai mais de 75 anos Este documento e suscrito na sua totalidade tamen por Manu Montero como un dos membros históricos do Partido Galeguista que se pon unha vez mais a disposición do proxecto galeguista. Ambos dous suscribintes consideranse totalmente lexitimados pola sua traxectoria galeguista para instar a todolos irmans a unir vontades no traballo común de facer país. A Coruña, 8 de Xuño de 2009 Saude e Terra Asinado, Manolo Chas e Manu Montero
|
|
|
|
|
Coincidindo co décimo aniversario da presenza do PG en internet, cunha web promovida polos Galeguistas de Ourense en Xuño de 1999 que renovouse completamente no ano 2004, a Agrupación do P.G. e o Ateneo Galeguista de Ourense anuncian que colabourarán no redeseño e coordinación de contidos, tanto históricos como da actualidade Galeguista, desta plataforma web. Segundo as previsións, a nova web Galeguista estará operativa antes de fin de ano e incluirá novas seccións abertas a colaboración e participación cidadán. Nestes últimos cinco anos, a web recibiu mais de tres millóns de visitas, repartidas en mais de oitenta paises; destacando os downloads dos PDF da “Historia de Galicia” –con preto de 230.000 descargas-, a proposta Galeguista de “III Estatuto de Galicia” –que supera xa as 150.000 baixadas en total-, e o grande interese que os internautas levan amosado polas seccións de multimedia. O proxecto de renovación contempla a constitución dun Consello Editorial que será o encargado de contidos da web e de continua-la tarefa destes últimos dez anos como medio de expresión xenuíno do Galeguismo, aberto á cidadanía e a tódalas correntes Galeguistas.
|
|
|
|
|
¿Por qué a web da coalición electoral +Galicia, propulsada e liderada polo Partido Galeguista é agora o “xornal oficial de Terra Galega”? ¿Cómo consinte a actual dirección do Partido Galeguista esta situación?, ¿quen é o responsable directo?
|
|
|
|
|
“No Partido Galeguista, na nosa condición de partido galego e como cumpre tanto pola nosas tradicións como pola nosa vocación actual, o coidado, coñecemento e uso do noso patrimonio histórico, artístico e cultural, a recuperación e conservación das nosas tradicións, do noso folclore, da nosa lingua e da nosa cultura en xeral, é un deber irrenunciábel e imprescritíbel. Dentro deses enunciados o Partido Galeguista asume a especial vocación, a necesidade, de leva-la nosa lingua ós campos da cultura, da administración e da vida social cotiá. Para nós esta premisa é un obxectivo de irrenunciábel cumprimento, xa que a nosa lingua é un dos nosos principalísimos, mesmo esenciais, sinais de identidade. Xa que logo, tendo como obxectivo político a instauración do galego a tódolos niveis, traballaremos na defensa e no espallamento da nosa fala, cousa que se corresponde co espírito do noso pobo, que foi o principal artífice da súa conservación e transmisión ó longo dos séculos. Ó mesmo tempo, respectaremos a situación actual dos que falan castelán ou outros idiomas, sen prexuízo de que traballaremos para axudalos a que poidan entrar primeiro e instalarse comodamente despois na nosa fermosa lingua. Agora ben, de ningún xeito aceptaremos que esta nosa xenerosidade sexa entendida como unha desculpa para que os que se incorporan dende fóra decidan manterse á marxe sen facer ningún tipo de esforzo por entender e usar o idioma galego: a integración dos castelán falantes, ou dos inmigrantes que falen outras linguas, débese facer cun esforzo bilateral de xenerosidade e reciprocidade; facilitaremos a súa incorporación natural e espontánea ó tempo que reclamaremos deles a unha vontade real de integración, que se ten que amosar en primeiro lugar deprendendo galego. Deseñaremos pois medidas sociais e políticas que conduzan a esta integración. E conste que non queremos políticas de illamento, que sempre resultan empobrecedoras, en ningún sentido. Estamos nun mundo que cada vez require maiores graos de comunicación, en aspectos técnicos, económicos e sociais, polo que a educación dos nosos deberá contemplar programas específicos de bilingüismo (para podermos empregar en paridade de coñecementos o galego e o castelán), ou mesmo de trilingüismo (coa incorporación ós programas educativos de idiomas como inglés, francés, alemán, etc.)” Até aquí unha transcrición literal de parágrafos do relatorio político aprobado no derradeiro Congreso Nacional do PG, o IX, no que atinxe a valores esenciais coma son a nosa cultura e a nosa lingua. Son parágrafos plenamente vixentes para nós que requiren un especial compromiso en función dalgunhas actuacións sociais e políticas que, con pesar, temos contemplado nos últimos tempos en torno o noso idioma. Por iso o PG quere deixar claro o seu irrenunciábel compromiso de traballar decote para que: 1.- O galego chegue a se-la lingua vehicular sobre a que se asenten as comunicacións entre tódolos cidadáns de Galicia en tódolos ámbitos. 2.- Non se use o noso idioma para agredir con il a ninguén. Nós queremos chegar ó irrenunciábel obxectivo anterior a través do convencemento e da persuasión como métodos axeitados. 3.- Se respecten escrupulosamente ás persoas que entre nós empreguen outras linguas. No 17 de Maio de 2009, día das Letras Galegas. Polo Partido Galeguista Manoel Soto Ferreiro Executiva Nacional do P.G. |
|
|
|
|
Fai hoxe vintecinco anos que a chamada de D. Ramón Martínez López e Manuel Beiras García, xunto con outros históricos Galeguistas, xuntábanse co traballo de resistencia das Agrupacións Galeguistas de Carballiño e Vilagarcía de Arousa para evitar a desaparición do P.G., auspiciada polo daquela Secretario Xeral do P.G. e escenificada nun IV Congreso do P.G. no que a postura de fusión con Coalición Galega gañou por dous votos de diferenza e despois de ter impedido, fraudulentamente, a participación de un cento de militantes do P.G. que apostaban claramente pola permamanencia como proxecto político diferenciado. O chamamento de D. Ramón e Manolo Beiras daba continuidade o traballo que moitos militantes Galeguistas, desde facía meses, estaban a levar para manter en pé as siglas e o proxecto do P.G.; traballo polo que foron acosados e marxinados desde a dirección e que produxo situación tan esperpénticas como a expulsión –a iniciativa da Secretaría Xeral e por (sic.) “ser un infiltrado do Bloque”- de Xabier González. Xunto cos referentes incontestábeis que eran D. Ramón, Manolo Beiras, Lois Taboada Camoeiras, Pedro González, Xocas, etc., unha nova xeración Galeguista estaba a toma-las rendas do P.G. para leva-lo cara o século XXI. Foi no V Congreso –chamado “Da Concordia Nacionalista”- no que o P.G. voltou a rexurdir como forza política diferenciada, con Manuel Suárez García como Secretario Xeral, Xabier González –Vicesecretario Xeral 1º-, Francisco López Chesqui –Vicesecretario Xeral 2º-, nunha Executiva Nacional na que tamén estaban Manoel Tubío, Aquilino Moreira Carballeira, Fernando Quintela, Manolo Chas, Manuel Montero Villar, Rosa Núñez, Ramón González. Cando, fai 25 anos, D. Ramón e Manolo Beiras lideraban o berro colectivo dos Galeguistas posiblemente estiveran lonxe de imaxinar que nos seguintes tres anos, a Dirección do P.G. fora o motor que propiciou o nacemento da Fundación Castelao, da Fundación Alexandre Bóveda e da recuperación das alianzas históricas cos nacionalistas Cataláns e Vascos. Quen non coñece ou non lembra a historia está condenado a repeti-la; aínda que sempre haberá xeracións Galeguistas que sintan o chamado da memoria colectiva do P.G. e impidan que o P.G. se identifique con outra cousa que non sexa: ¡¡¡SEMPRE POR GALIZA!!!, ¡¡¡SEMPRE GALEGUISTAS!!!
|
|
|
|
|
CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PG. Os órganos de decisión do PG (Consello Galeguista e Executiva Nacional), consideran que a etapa política aberta no IX Congreso está superada polos acontecementos políticos da sociedade galega e do propio partido, polo que compre celebrar un novo Congreso que lle dea maior pulo o necesario proxecto que para Galicia ten representado e representa o Partido Galeguista. Xa que logo, a Executiva Nacional do partido materializou o mandato que tiña do Consello Galeguista convocando un Congreso Extraordinario, que será o X do PG, para o domingo 14 de Xuño próximo. Asemade a estes efectos, e co gallo de procurar o maior grao de participación e transparencia posíbeis, a Executiva decidiu nomear dous organismos para unha aquelada organización do Congreso: unha Comisión Organizadora na que estarán representantes de tódalas Xuntas Municipais Galeguistas e unha Comisión Permanente que executará as directrices emanadas da Comisión Organizadora, logo de seren ratificadas pola Executiva Nacional. Ábrese así un debate que levará a axustar do mellor xeito posíbel as políticas, os estatutos e a propia Executiva Nacional como viñan reclamando unha moi ampla maioría das bases do PG. Como Presidente en funcións do PG invito a tódolos militantes a que, dentro das normas escrupulosamente democráticas que rexen a vida da nosa organización, participen activamente para conformar entre todos a opción que levará ó Partido Galeguista a unha ampla presenza nos concellos galegos primeiro, para abordar despois unha entrada, que será fundamental para o noso País, no Parlamento de Galicia. Asdo.: Antonio Varela Presidente en funcións do PG |
|
|
|
|
"Se non se toman as medidas correctoras previas que posibiliten a reorganización orgánica e o rearme moral e anímico do P.G., Nós non imos apoiar a convocatoria nin participar no proceso dun Congreso Extraordinario porque, con toda a lexitimidade e lealdade, interpretamos que é unha dolorosa derrota para os centos de delegados que fomos e foron a Monforte cheos de esperanzas e co obxectivo de deposita-la súa confianza nos novos órganos de dirección que elixirá o IX Congreso"
“Nós, os Galeguistas de Ourense, convocamos o pasado 14 de Marzo unha Conferencia Nacional co obxectivo de positiviza-la análise e o debate construtivo; convocatoria que foi aprobada pola Executiva Nacional e secundada por militantes das Agrupacións de Vigo, Redondela, Lugo, Monforte, Lalín, e Barbadás. Convén subliñar o carácter aberto da xuntanza, da que unicamente autoexcluironse os que quixeron ou consideraron moito mais convinte manterse fieis as dinámicas e actitudes que levan practicando desde fai moitos meses e que xa tiveron, na Executiva Nacional, un prólogo clarificador coa oposición minoritaria á celebración da Conferencia.” “Somos plenamente conscentes de que fronte a maioría de militantes do P.G. que invoca á claridade e a transparencia, hai unha minoría que prefire vivir agachada na sombra porque sabe que, ideolóxica e persoalmente, ten data de caducidade se sae á luz; son aqueles que fanse invisíbeis ou desaparecen cando hai que construír, aínda que lles sobre vocación e tempo para estar e opinar cando o obxectivo e destruír. E que cada quen interprete o devandito como lle pareza, o que está claro é que hai unha coincidencia xeralizada entre o pensamento dos Galeguistas de Ourense e os presentes na Conferencia Nacional que se resume nunha frase: CHEGOU O TEMPO DA “TOLERANCIA CERO”. INESTABILIDADE ORGÁNICA “A inestabilidade orgánica é a eiva endémica do P.G. contemporáneo, un partido que emprega mais tempo e esforzos en reinventarse a si mesmo que en construír unha alternativa política eficaz. Unha cousa é a democracia interna e o fomento do diálogo, aspiracións nobres e lexítimas que individual e colectivamente temos o dereito a invocar e o deber de defender; outra cousa moi distinta é que, baixo paraugas dialécticos de “democracia” e “diálogo”, atope acougo a anarquía ou tentativas minoritarias que aspiran a impor os seus criterios ó lexítimo parecer da maioría.” “NO P.G. NON COLLEMOS TODOS, collen unicamente os Galeguistas que síntanse identificados co ideario e acaten escrupulosamente tanto as directrices da Dirección como os Estatutos vixentes. A unidade imponse, de facto, pola vontade de todos aqueles que queiran unirse e actuar como colectivo; ninguén está obrigado a permanecer “unido” se non é a súa vontade ou, dito de outro xeito, todos temos o deber de ter a dignidade, a coherencia e o coraxe de saír dignamente do espazo no que non atopan acougo as nosas ideas ou inquedanzas. E falar, nestes casos, de razóns emocionais ou de salvagarda das siglas ou do patrimonio inmaterial e histórico para xustifica-la permanencia, nun dobre xogo no que se manteñen posturas e defenden postulados que teñen como único obxectivo facer imposible atopar vías de converxencia e convivencia coas maiorías, non é mais que unha falacia e unha acción covarde” AUTORIDADE MORAL “E non é unha cuestión de convocar un Congreso mais para traspasar o problema os que resulten elixidos; sería un grave erro táctico, que o único que conseguiría é escenificar que o PG ten unha organización interna pouco crible e débil, que entra en estados de colapso con extrema facilidade e que, aínda contando co apoio maioritario da militancia, a Dirección é incapaz de aplica-los Estatutos ou de saír dun estado de permanente dúbida sobre a súa autoridade moral. A celebración da Conferencia Nacional confirmounos, ós Galeguistas de Ourense, que é posible reconduci-la caótica situación orgánica do P.G. sen necesidade de iniciar un percorrido cara o X Congreso cheo de incógnitas e inestabilidade, con excesivas cousas pendentes de solucionar e no que non vai ser doado que sobrevivan os desexos de unidade que latexan na maioría da militancia Galeguista.” “Se non se toman as medidas correctoras previas que posibiliten a reorganización orgánica e o rearme moral e anímico do P.G., Nós non imos apoiar a convocatoria nin participar no proceso dun Congreso Extraordinario porque, con toda a lexitimidade e lealdade, interpretamos que é unha dolorosa derrota para os centos de delegados que fomos e foron a Monforte cheos de esperanzas e co obxectivo de deposita-la súa confianza nos novos órganos de dirección que elixirá o IX Congreso. A reflexión é moi sinxela: Ó PRÓXIMO CONGRESO DO P.G. NON TEMOS QUE IR TODOS, teñen que asistir aqueles que teñan a percepción de que van para construír, desde a diversidade de actitudes e opinións leais, un anaco mais da longa historia do Galeguismo e de que a única renovación lexítima é a que ven da man da unidade, do compromiso e do respecto polos que, ate o intre do Congreso, tiveron a pesada encomenda de dirixi-lo partido.” “Como militantes temos o dereito a esixir que aqueles que conforman a Dirección do P.G. teñan ACTITUDE para decidir con firmeza e APTITUDE para desempeñar o cargo que ocupan. Xa que logo a situación pola que atravesa o P.G. ten que corrixi-la inmediatamente a Dirección actual, tomando as medidas para ás que foi facultada polo IX Congreso e cumprindo escrupulosamente e con dilixencia os seus cometidos.” Agrupación Galeguista de Ourense En Ourense, 26 de Marzo do 2009 Saúde e Terra ¡¡Sempre por Galiza!! |
|
|
|
|
Diante dunha moi difícil situación orgánica do PG a militancia de base deu un paso ó fronte para axudar a analiza-la situación de xeito que nos permita definir unha organización capaz para serlle útil a Galicia. Con ese obxectivo a Xunta Municipal de Ourense pediulle á Executiva Nacional a celebración dunha Conferencia Galeguista, organizada por eles mesmos e aberta a tódolos militantes do PG que quixesen participar nela. A Executiva Nacional tivo a coraxe e o acerto de acepta-la proposta. A Conferencia celebrouse o sábado 14 de Marzo e a ela asistimos un grupo de militantes do partido, parte deles das Xuntas Municipais máis numerosas do PG (alí houbo membros de Xuntas que teñen máis do 80% de afiliados ó PG). Entrouse na xuntanza con facianas e ánimo de fonda preocupación e saíuse con sentimentos de responsabilidades compartidas e serena ilusión no futuro. ¿Que pasou? Algo tan simple pero efectivo como a materialización dunha catarata de críticas contundentes e firmes que se lle fixeron a Executiva Nacional, fundamentalmente pola súa falla de acción para garanti-las regras de xogo democráticas do partido, verbo das normas estatutarias votadas unanimemente no derradeiro congreso celebrado en Monforte. E a militancia dixo con voz baril o 14 de marzo: Ata aquí chegamos: ¡basta! Señoras e señores da Executiva Nacional obedezan, practiquen e obriguen a practicar, a tódolos afiliados sen excepción algunha, as regras democráticas coas que foron elixidos. Porque, entre outras cousas, para iso foron elixidos. En efecto, comentouse reiteradamente que hai grupos, moi minoritarios, no seo do PG que veñen intentando violenta-lo xogo democrático interno, con artimañas conspiradoras constantes e sucesivas, para tirar por terra á dirección emanada lexitimamente do IX Congreso. Así citáronse exemplos dos intentos, sempre con malas artes, para botar abaixo de maneira sucesiva ós máximos cargos do PG. ¡A tódolos sucesivos máximos dirixentes do PG! Por iso a militancia pediu actuacións inmediatas concretas coa aplicación pertinente e rigorosa dos Estatutos no caso de que se teñan dado algunha ou algunhas das circunstancias seguintes: · Negociacións con outras forzas políticas no nome do PG sen estaren autorizados a facelo pola Executiva Nacional. · Caso de falar con terceiros no nome dos máximos dirixentes do PG sen estaren autorizados para facelo. · No caso de que se teña traballado para boicotear reunións ou actos orgánicos do PG. · Se se teñen celebrado xuntanzas con persoas oficialmente apartadas do PG pola Executiva Nacional anterior, decisión que foi ratificada polo IX Congreso, co obxectivo de facer traballos organizativos paralelos á vida orgánica do PG. · No caso de que se teñan realizado calumnias graves contra compañeiros do PG. Na xuntanza estaban membros da Executiva Nacional que, na súa condición de militantes coma o resto dos compañeiros asistentes, afirmaron tomar boa nota do que compre facer para endereita-la rumbo do PG, un partido que, segundo opinión tamén unánime dos asistentes, é máis necesario ca nunca para Galicia polo que está a suceder no noso País. Pero falar diso tocará en días sucesivos, porque asumiuse por unanimidade dos asistentes que hai vontade de unir a tódolos que teñan o desexo de unirse, valga a redundancia, na construción do proxecto político do Partido Galeguista. Houbo unha rotunda reafirmación do compromiso co que ten significado o PG na historia do País e no que cumprirá facer para proxectalo de novo ó primeiro plano da de3cisión política. Pero que o primeiro que ten que facer o PG, para poder resultar críbel primeiro e útil despois, é ordenar debidamente a súa propia casa. E iso pasa porque a Executiva Nacional asuma as súas responsabilidades con tódalas consecuencias. E de seguido celebraremos un Congreso que acabe de materializar esa necesaria reorganización e reafirmación política de conformidade coas mellores esencias do PG. Se a Executiva Nacional asume as súas responsabilidades como se lle pediu unanimemente polas intervencións ou asentimento de tódolos presentes, o 14 de Marzo de 2009 será unha data relevante dentro da historia do PG, inda que non chegue a figurar no calendario de efemérides. Xa que esa data será recordada porque nela púxose en marcha o proceso para repoñer debidamente os cimentos da organización. Por iso os asistentes, conscientes da importancia da xuntanza, agradeceron unanimemente a iniciativa da Xunta municipal Galeguista de Ourense. Poñamos mans á obra xa e de xeito constante... ¡Saúde e Terra! Alberto Ínsua Militante da Xunta Municipal de Vigo do PG. |
|
|
|
|
A Conferencia Nacional promovida polos Galeguistas Ourensáns contou coa presenza de representantes das agrupacións do P.G. de Vigo, Redondela, Monforte, Lugo, Lalín, Barbadás e Ourense; agrupacións que, no seu conxunto, contan con mais do 80 % do censo de militantes do PG. Cinco horas de análise e debate construtivo, nas que se abordou sen rodeos a situación interna do P.G. e compartiuse información de especial relevancia -que ten o valor engadido de posibilitar unha tradución estatutaria inmediata por parte das instancias competentes-, concluíron coa sensación unánime de que a xornada foi extraordinariamente positiva e frutífera. A Agrupación de Ourense, tal e como estaba previsto na convocatoria aprobada pola Executiva Nacional, trasladará ós órganos de Dirección do P.G. un documento de conclusións desta Conferencia Nacional, ó que incorporará as peticións -formuladas por diferentes participantes en nome propio e tamén no nome das Agrupacións do P.G. ás que pertencen- no senso de que se adopten medidas inmediatas moi concretas para a correcta aplicación dos acordos do IX Congreso e dos estatutos actualmente vixentes.
|
|
|
|
|
O domingo pasado fixo 25 anos que Manolo Beiras publicara un artigo esencial para nós, que daquela tiñamos pouco mais de 25 anos e agora andamos polos 50, e para o devir contemporáneo do P.G. O artigo, publicado no Correo Galego levaba por título “O Partido Galeguista segue a ser unha necesidade histórica” e, como en moitas outras ocasións, Manolo Beiras asinouno como “Eubensei” que, a diferenza do que afirman os que escreben sen ter idea do que din, non empregaba para “ocultarse” senón porque profesaba a difícil doutrina desa humildade que só teñen os mais grandes persoeiros. E escribiuno en tempos complexos para os Galeguistas, un mes despois de que o manipulado IV Congreso do PG, celebrado en Vigo, decidira por un estreito marxe de 4 votos –e despois de que non se nos permitira asistir a mais dun cento de militantes, sesenta e sete dos cales pertencían a Agrupacións Galeguistas da provincia de Ourense- que debería disolverse e desaparecer mergullado na puxante, daquela, Coalición Galega. Manolo Beiras e Don Ramón –sempre poño especial énfase en clarexar que non sabería moi ben explicar a razón de que Martínez López foi sempre, para min e para a mini-xeración Galeguista que medrou o seu carón, Don Ramón mentres a Don Manuel Beiras García recibía de todos nós un agarimoso “Manolo” cheo de respecto e fascinación pola súa natural i exemplar humildade-, trasladaron sempre a convicción de que son as persoas as que danlle sentido ós partidos e as siglas; que o Partido Galeguista era grande pola súa historia, pero non ía alén de ser o resultado do esforzo colectivo dos homes e mulleres que formaban parte del no presente e que, sen eles, o P.G. –con todo o peso da súa historia e a simboloxía dos seus inmortais persoeiros- non pasaban de ser dúas letras mais da sopa de siglas e minifundios que perviven, malamente e por puro persoalismo, no eido da política da Galiza. Tiñan razón, entre o 84 e o 90 –ano no que recuperámolas siglas-, en ningún foro se nos discutiu que os Galeguistas que xuntáronse no V Congreso éramos o P.G., os lexítimos herdeiros e continuadores desa, en palabras de Manolo Beiras, “necesidade histórica” chamada Partido Galeguista. Que non estábamos todos é mais que posible; que algún dos que se tiña –e aínda se ten- por “prohombre” Galeguista rematou saíndo pola porta traseira é moi certo, pero o que é seguro é que todos os que estábamos éramos, e aínda seguímo-lo sendo, Galeguistas. Ven a fío do devandito a vixencia que ten, agora mesmo, cada palabra dese rapaz ó que chamou Alexandre Bóveda para que quedara no P.G. cando se deu a circunstancia da escisión da Dereita Galeguista, do benquerido Eubensei, do irmán e mestre Manolo Beiras: “O Partido Galeguista segue a ser unha necesidade histórica”…así de rotundo, sen espazos en branco que permitan dobres lecturas, conformando unha mensaxe nítida e precisa… “Alí onde vaiades, rapaces, estará sempre o Partido Galeguista”díxonos, baixo a mirada cómplice de Don Ramón, mais dunha vez Manolo Beiras e, polo menos no que a min atinxe, aquelas palabras engadían quilos de peso a responsabilidade que sentía. Vintecinco anos despois, a lembranza desas mesmas verbas provócame unha, tan grande como humilde, serenidade; manteño exactamente o mesmo grao de compromiso e responsabilidade co P.G., sen que elo implique renuncia algunha a estar onde realmente está o Partido Galeguista. Xabier González
|
|
|
|
|
A maioría da Executiva Nacional votou a favor da proposta da Agrupación Galeguista de Ourense e confirmou a celebración dunha Conferencia Nacional, aberta a tódolos militantes do P.G., o próximo sábado 14 de Marzo, na cidade das Burgas. Para participar na Conferencia Nacional o único requisito é ter acreditada a condición de militante do P.G. Os Galeguistas que desexen asistir deberán confirma-la súa asistencia antes das 16:00 horas do día 13 de Marzo, ó correo electrónico ourense@partido-galeguista.org
Prezados Presidente, Coordinadora Xeral do P.G. e demais membros da Executiva Nacional, Cando falamos do Partido Galeguista estamos a falar dun imperecedeiro símbolo da historia nacional da Galiza e da súa Identidade social que, por mor de factores diversos, ten atravesado xeiras complexas das que sempre ten rexurdido e rexurdirá. Setenta e oito anos de historia, trinta de eles contemporáneos á democracia actual, xulgan o noso compromiso e a nosa actitude como Galeguistas, esixíndonos que aportemos o mellor de nós mesmos para construír, desde as lexítimas posicións ideolóxicas de cada un pero tamén desde o respecto e a lealdade, a unidade operativa da que xurde a verdadeira forza dun proxecto político que aspira a contribuír decisivamente na construcción nacional e no governo, tanto da Galicia territorial como da que existe espallada por todo o mundo. Os últimos tempos, e con eles as obrigadas decisións que toda Dirección partidaria ten o dereito e a obriga de adoptar, teñen sido unha proba extrema que ten convulsionado os cementos mesmos da imprescindible unidade, nun debate escaso de transfondo ideolóxico que ten minado o NÓS colectivo que empezabamos a conformar. É tempo de afrontar esa realidade con franqueza e sen subterfuxios para convencernos, individual e colectivamente, de que é unha situación perfectamente reversible da que, como Galeguistas, temos o deber de sair canto antes. Ese espírito e esa convicción, provocou que os Galeguistas de Ourense, hoxe Martes, 3 de Marzo, teñamos acordado dirixirnos a Executiva Nacional do P.G. para, seguindo o procedemento regulamentario que garante a democracia interna e a transparencia, solicitarlle formalmente que aprobe e secunde a iniciativa desta Agrupación Galeguista de convocar unha Conferencia Nacional, inmediata e previa a calquera proceso recollido nos Estatutos do partido, na que a os integrantes dos diferentes órganos de dirección do P.G., locais e nacionais, xunto con tódolos militantes Galeguistas de base que o desexen poidan participar nunha xornada de convivencia, analise e reflexión política, que resulte un ACTO POLÍTICO ÚTIL do que poder sacar conclusións e no que se inspiren as medidas correctoras que, a curto prazo, precisa o partido. A data proposta para a súa celebración é o sábado 14 de Marzo, ás 10:30 horas, e coa seguinte orde do día: PUNTO ÚNICO: Analise da situación partidaria actual. Debate de propostas e iniciativas que teñan como obxectivo correxi-la de xeito eficaz, que deriven na urxente estabilización orgánica do P.G. e impulsen a adopción de medidas correctoras inmediatas, por parte dos órganos estatutarios de Dirección do partido. Na súa condición de convocante, a Agrupación Galeguista de Ourense organizará o acto, encargarase de modera-lo debate e levantará a acta da Conferencia Nacional, que serverá de base para a redacción dun Documento de Conclusións e Compromiso Galeguista. Daráselle traslado, de xeito oficial, do devandito documento á Executiva Nacional, ó Consello Galeguista e as diferentes Agrupacións Locais do P.G. A Executiva Nacional encargaráse de facer chegar esta convocatoria a tódolos militantes e Agrupacións do P.G., tarefa na que nós tamen colaboraremos; subliñando a importancia da xuntanza e con especial énfase ós Cargos Electos polo P.G., a tódolos integrantes da propia Executiva Nacional e do Consello Galeguista. Para participar na Conferencia Nacional o único requisito é ter acreditada a condición de militante do P.G. Os Galeguistas que desexen asistir deberán confirma-la súa asistencia antes das 16:00 horas do día 13 de Marzo, ó correo electrónico ourense@partido-galeguista.org Por mandato da Asamblea da Agrupación Galeguista de Ourense, asino a presente comunicación. Irmáns, Saúde e Terra
|
|
|
|
|
Foi e será sempre un matriota Galeguista con maiúsculas, un referente ilustrado que sabía trasmiti-la luz da fe no futuro nacional da Galiza que fixo da súa vida, da súa palabra e da súa obra, unha permanente decraración de principios insobornabeis, un dos nosos no camiño das sombras a luz SEMPRE POR GALIZA. Avelino Abuín de Tembra non morreu nin morrerá porque reside para sempre, e con absoluta xustiza, na memoria coleitiva dos NÓS Galeguista. Hoxe, unha vez mais, lembro as túas palabras, cando escolliches Rianxo para berrar alto e forte: “Nós veneramos a Castelao. Somos os seus epígonos, os seus seguidores e discípulos. Queridos amigos: Castelao non volverá. ¡Regresou!. ¡¡Está no Partido Galeguista!. ¡¡¡Está entre todos nós para sempre!!!.” Saúde e Terra, irmán Avelino. Xabier González
|
|
|
|
|
A Agrupación Galeguista de Ourense trasladará a Executiva Nacional do P.G. a intención de convocar unha Conferencia Nacional dos Galeguistas en vindeiras datas. A decisión adoptouna hoxe martes, por unanimidade, a asamblea de militantes e materializaráse nunha comunicación que de inmediato remitirá o Presidente, a Coordenadora Xeral e a Executiva Nacional. A xuntanza, definida pola Asamblea como “un ACTO POLÍTICO ÚTIL do que poder sacar conclusións e no que se inspiren as medidas correctoras que, a curto prazo, precisa o partido”, ten como obxectivo reunir en Ourense “ós integrantes dos diferentes órganos de dirección do P.G., locais e nacionais, xunto con tódolos militantes Galeguistas de base que o desexen poidan participar nunha xornada de convivencia, analise e reflexión política”. A proposta establece un único punto na orde do día: “ Analise da situación partidaria actual. Debate de propostas e iniciativas que teñan como obxectivo correxi-la de xeito eficaz, que deriven na urxente estabilización orgánica do P.G. e impulsen a adopción de medidas correctoras inmediatas, por parte dos órganos estatutarios de Dirección do partido”. Da Conferencia Nacional levantarase a acta, que serverá de base para a redacción dun Documento de Conclusións e Compromiso Galeguista; do que daráselle traslado, de xeito oficial, á Executiva Nacional, ó Consello Galeguista e as diferentes Agrupacións Locais do P.G. Subliñando especialmente a interese dos Galeguistas de Ourense de seguir os procedementosregulamentarios, que garanten a democracia interna e a transparencia, a comunicación establece que a Executiva Nacional encargaráse de facer chegar esta convocatoria a tódolos militantes e Agrupacións do P.G., “con especial énfase ós Cargos Electos polo P.G., a tódolos integrantes da propia Executiva Nacional e do Consello Galeguista”, tarefa na que a Agrupación Ourensá colaborará. |
|
|
|
|
Co desastroso resultado dese invento político que se chamou “+G” feríndome os ollos –200 votos menos en toda Galiza que os que obtivo a candidatura de Democracia Orensana que só se presentaba na provincia de Ourense- e trasladándome, mal que me doa recoñecelo, un sentimento de ter perdido grande parte da miña vida nunha loita, tan humilde como ineficaz, por axudar a construí-la realidade nacional da Identidade Universal que é a Galiza… sen saber moi ben que é o que un ten que facer nestas ocasións, ou diante da evidencia de que se dilapida o capital de 20.000 votos que, con moitísimo esforzo, acadou o P.G. en solitario nas pasadas municipais… repeso e farto do meu propio silenzo diante deste proceso dun ano de destrucción masiva do P.G., de mesianismo que foi minando ás bases e ós cementos do que algún día semellaba que eran os primeiros raios da luz do porvir…
Cando me preguntaron, sempre dixen que o P.G. atopaba a súa razón de ser no camiño en solitario, que as coalicións feitas en plan Santa Compaña de almas en pena tiñan moito de epílogo –ou incluso de epitafio- e nada de prólogo. Porque, que ninguén o esqueza e que ninguén traizoe o acordado, o Galeguismo voltou no 2004 a area política para camiñar como P.G., para ser fiel as súas ideas, para construír unha identidade renovada na que tiñan cabida aqueles que quixeran vir pero que non estaba deseñada para confluir en inventos electorais… xa que logo, cando me preguntaron, sempre dixen que NON –en maiúsculas e sen dúbidas- a “coalicionarse” porque, se fora certo que había tanta coincidencia, había abondo espazo para que atoparan acougo baixo as siglas do P.G. todo-los que profesaran de certo o credo Galeguista. Pero non, había que reinventar mais e mellor para seguir facendo o mesmo: un traxe cosendo remendos que, se se mira con sensatez, sirve tan só para vestir espantallos e, por decoro e decencia, non é axeitado para ir en representación da Galiza a ningún lado.
Inevitablemente teño que lembrarme do punto de inflexión do que xurdiu este camiño errático que hoxe trai estas lamas… de que tiven, no seu momento, moitas esperanzas postas no IX Congreso do P.G., na dirección que saiu de Monforte, na xeración nova que se albiscaba e que debería substituirnos aqueles que levabamos, en sentido literal e sen empregar eufemismo algún que suavice a expresión, excesivo tempo sendo o P.G.; como tamén lembro que dixen mais de unha vez –mentres percorría o camiño que elexín cara a militancia de base- que ise IX Congreso ía levarnos, a nós, ós Galeguistas, das sombras á luz…
E hoxe, despois de que se dilapidara o capital electoral do P.G., ¿qué temos que facer?. ¿Pedir responsabilidades?, coido que non porque –por acción ou por omisión- responsabeis somos todos. ¿Esixir dimisións?, semella que o problema vai alén de nomes e a solución non se atopará senon se mudan os hábitos de traballo político tanto dos que están como dos que queren estar. ¿Mirar para outro lado amparándonos en demagoxias de mercadiño ou diatribas varias sobre o moito que se aprende dos momentos difíciles?, pois coido que, se eso acontece e escoito lecturas positivas, eu non vou prestarme a chistes macabros, veñan de quen veñan. ¿Convocar de xeito regular o X Congreso?, tampouco vai servir de moito se antes non se celebra unha Conferencia Nacional, aberta a todolos militantes do P.G. que queiran asistir, na que os Galeguistas que o desexen renoven o seu compromiso e marquen unha liña a seguir que convirta o Congreso nun ACTO POLÍTICO ÚTIL capaz de transforma-la decadencia e o fracaso actual en esperanza de porvir. Pode que este paso previo ó X Congreso sexa a única solución e a última oportunidade de supervivencia do P.G. como forza política diferenciada.
Certamente é posíbel que haxa outras vías, incluso mais axeitadas, das que non me decato: pero como militante de base comprometido sí teño o dereito, o deber e o poder, de esixir unha inmediata corrección da situación que, como primeiro resultado, una ós militantes Galeguistas nun único obxectivo común e irrenunciable: o Partido Galeguista.
Son tempos de tomar decisións e tamén de dicir todos xuntos: “¡basta!, ¡ate eiqui chegamos!”. Eu defendin, defendo e defenderei, sempre esa unidade que xurde do compromiso leal de todos –sen excepcións-; se iso non é posible, se a dirección a seguir é o sectarismo e a autocomplacencia, se non se adoptan medidas eficaces que fomenten o diálogo e a unidade de acción de xeito inmediato, PRESENTAREI A MIÑA BAIXA IRREVOCABLE COMO MILITANTE DO PARTIDO GALEGUISTA. Non é unha arroutada, é algo–como non pode ser doutro xeito despois de 32 anos de militancia activa- moi meditado que ten que ver coa lealdade e o compromiso para con todos os irmáns e amigos cos que levo compartido esforzos, traballo e esperanzas, sempre baixo a bandeira Galeguista… sempre por Galiza… sempre orguloso dese NÓS, tan pouco persoalista e tan coleitivo, que xuntos conformábamos.
Xabier González
|
|
|
|
|
Queridos irmáns galeguistas: Vai pra un ano que celebramos o IX Congreso do noso partido. Neste tempo teño asumido as responsabilidades que me adxudicáchedes –que eu non busquei en ningún intre– e mesmo outras adicionais que deberían ter sido asumidas por outros cárregos do partido. Teño tentado até agora respostar ás vosas espectativas de seren un elemento de consenso, e nesto teño posto tódolos meus folgos, pero a vontade de consenso é responsabilidade de todos, e con máis frecuencia da debida esa vontade tén sido sustituida por persoalismos escruintes de quenes ven que a única solución pra o asentamento do partido pasa pola escrusión dos “outros”; non me sinto cómodo con este xeito de construir partido e non vou gastar máis folgos nen tempo en arrexuntar a quenes se queren escruir mutuamente. Xa que logo, anuncio a miña decisión de convocar en datas próusimas un Congreso Nacional estraordinario. Propoño que neste tempo, mentres preparamos a campaña eleitoral, sexamos quén de traballar xuntos polos ouxetivos que compartimos, que é o mellor xeito de crear consenso e corpo de partido. Propoño que neste tempo se abra un debate aberto e franco, pero tamén xeneroso, sobre qué tipo de partido queremos conformar e qué metas queremos acadar nos vindeiros anos e qué sacrificios estamos dispostos a facer. Pra deixar plena libertade neste proceso, delego dende hoxe as responsabilidades das miñas funcións nos órgaos de direción que nos temos outorgado, o Consello Galeguista e o Comité Executivo e os seus representantes, e pido pleno apoio aos compañeiros que xa ofereceron o seu esforzo e traballo pra poñer en marcha a nosa maquinaria eleitoral e animo a que por unha vez deixedes de pensar se vos gosta ou non a persoa que traballa e pensedes en arrima-lo voso ombreiro con ela. O tipo de partido polo que sempre devecín é un partido de bos e xenerosos, que non deixe lugar prá vanagloria persoal nen prá envexa, un partido aberto, que non deixe lugar ao inquisitorialismo, un partido no que os que gobernan non pelexen por estar enriba senón por estar debaixo servindo aos demais, no que os seus dirixentes non se autoimpoñan, senón sexan libremente recoñecidos polos demais, no que a conspiración sexa sustituida polo pacto. Devezo por un partido con militantes libres, sen complexos, que entendan e recoñezan que a súa única identidade nacional é a galega, e as demais identidades –española, europea, etc.– son conxunturais, que pra estar no mundo lles chega e sobra con ser galegos, que a súa única bandeira é branca e azul. Devezo por contar con irmáns que non percisan poñer fronteiras nen alfándegas, que están abertos aos conveciños peninsulares, europeos e mundiais, pero que se achegan ao mundo libres de dependencias alleas. A nosa identidade non é subsidiaria da española, nen percisamos concesión algunha de ningunha constitución española pra ser quen somos, esto é, unha nación de seu. I é dende eiquí que estamos dispostos a construir un estado plurinacional solidario, que entende que o mecanismo pra acadalo é o libre pacto entre pobos soberáns. Devezo por un Partido Galeguista que se esquenza da necesidade de definirse polo eixo esquerdas/dereitas, que non se morra por atopa-lo seu sitio no centro porque non percisa pra nada definirse nin centrista no ideolóxico nin templado no socio-económico; non é ésta a nosa prioridade: a nosa prioridade é construir país, facer nación, e nesta teima non podemos escruir a ninguén. Así, cando falamos da defensa do idioma galego nó-no facemos dende o eido puramente ideolóxico, porque entendemos que é unha responsabilidade de tódolos galegos de tódalas ideoloxías, que trascende a todas elas. O mesmo podemos dicir de tódolos demais ouxetivos que perseguimos: non son propiedade de ningún seitor social nen ideolóxico, porque obedecen á responsabilidade común de construir país. É por eso que queremos ser o Partido Nacional de Galicia i é por eso que a ninguén lle perguntamos se é de dereitas ou de esquerdas pra traballar connosco: só requirimos que teña conciencia de nación e compromiso prevalente con Galicia. Devezo por un partido que promova o control democrático da sociedade sobre os dirixentes políticos, que esixa a continuada rendición de responsabilidades aos dirixentes, que lles esixa sen concesións verdade e a claridade, que rescate das mans da crase política o exercicio diario do poder que moitos gobernantes teñen usurpado e monopolizado. Devezo por un partido que se atreva a ser diferente, a deseñar camiños inesplorados, que coñeza de verdade as súas orixes, que recoñeza a súa tradición máis enxebre –dende Alexandre Bóveda a Xabier González–, a dun Partido Galeguista que foi sempre avangarda e nunca tivo reparos en adiantarse a promover as iniciativas máis arriscadas pra recupera-la nosa soberanía nacional e facer da sociedade galega unha sociedade fondamente democrática e disposta a construi-lo seu futuro sen dependencias de ninguén e con fonda vocación de solidariedade cos pobos do seu entorno. Eiquí, dende este compromiso i esta esperanza, seguirei ao voso dispor. Desexo pra vós e prás vosas familias un feliz nadal. Unha aperta. Manuel Suárez |
|
|
|
|
O Partido Galeguista condea sen paliativos o asasinato de D. Ignacio Uría. Unha nación non se constrúe dende a morte, senón dende o respeto ás liberdades e dereitos das persoas e dos pobos; un dereito báseco é o de vivir en liberdade. O atentado contra o Sr. Uría tén ademais un significado específico como ataque ó empresariado vasco. Unha nación non se pode construir esgazando á sociedade e poñendo ó outro lado a quenes toman iniciativas de desenrolo económico e social de Euskadi. Amosamos a nosa solidariedade ca familia do Sr. Uría e con toda a sociedade vasca e agardamos que éste sexa o derradeiro atentado de ETA. |
|
|
|
|
Representantes de Terra Galega e do noso partido presentaron unha rolda de prensa conxunta na que manifestaron o seu compromiso de traballar dende agora pra conformar unha coalición que que sexa unha opción real de poder. Adxuntamos o manifesto presentado á prensa. 1. O Partido Galeguista e Terra Galega coinciden na convición de que a sociedade galega, cunha identidade nacional ben definida, non conta cunha expresión política maioritaria que reflexe debidamente a realidade social do país. 2. Terra Galega e Partido Galeguista recoñecen a necesidade e a oportunidade de formar unha coalición estable que ofreza á poboación galega unha alternativa real de poder, centrada no galeguismo e firmemente comprometida ca nosa terra nun amplo abano ideolóxico, tolerante e integrador, disposto á incorporación doutros coletivos que compartan a nosa visión de Galicia. 3. Este proxeto está aberto a toda a sociedade sen distincións de status social: traballadores, pequenos e grandes empresarios, campesiños e mariñeiros, profesionais e funcionarios; o país necesita de todos eles e os intereses de todos eles deben ser defendidos. Cremos que a principal misión dun partido galego é sinalar obxetivos comúns pra toda a poboación e defendelos con eficacia. 4. O pacto de colaboración no que traballamos permitirá manter a identidade dos dous partidos, buscando un resultado sólido e non conxuntural que permita un acordo estable e definitivo. 5. Con este acordo comprometémonos mutuamente e diante da sociedade galega a ofrecer a este país unha alternativa sólida de poder que represente os obxetivos maioritarios da nosa poboación. |
|
|
|
|
O presidente do Partido Galeguista, Manuel Suárez, nunha carta ao xuiz Garzón, solicita que, no proceso de reparación da imaxe das vítimas da represión da guerra e a post-guerra, tome as iniciativas oportunas pra anular o xuicio que condeou a morte a Alexandre Bóveda, destacado membro do noso partido. Alexandre Bóveda foi unha persoaxe fundamental na conformación do Partido Galeguista e moi sinaladamente na preparación do Estatuto de Autonomía, que sería aprobado nas Cortes Españolas reunidas xa fóra de Madrid en plena contenda civil. Bóveda decideu non marchar ao esilio, crendo que a xustiza da súa causa o protexería de calisquer acusación, pero foi detido, xulgado i executado, asegún recolle o seu cuñado no libro “Vida, Paixón e Morte de Alexandre Bóveda”. Aínda hoxe conmove ler a carta de despedida que lle escribeu á súa muller. A data da súa morte o 17 de agosto do 1936 foi recuperada no 1985 polo Partido Galeguista como o Día dos Mártires de Galicia, conmemoración á que máis tarde se sumaron os demáis grupos nacionalistas. A anulación do inxusto xuizo que o condeou non é promovida polo Partido Galeguista como un xeito de vinganza hoxe xa imposible, senón como unha actuación de normalización democrática que volve colocar a imaxe de Alexandre Bóveda onde lle corresponde, ca honra que tan ben describeu Castelao no seu discurso “Alba de Groria” e no seu debuxo “A derradeira lección do mestre”. A lexítima restitución da figura de Alexandre Bóveda debe ser un obxetivo non só do Partido Galeguista, senón de toda a sociedade galega, que, se hoxe dispón de autogoberno, é grazas ao labor de Bóveda e dos seus compañeiros. Esta restitución tampouco pretende quedarse no pasado, senón debe ser un alicerce que estimule a actualización do noso Estatuto de Autonomía, pendente da necesaria reforma baixo o criterio do consenso e a vontade de facer país por parte de tódolos galegos de tódalas ideoloxías. Xunto con Bóveda, cómpre restituir a memoria de tantos galeguistas a quenes lles quitaron a vida por defender o recoñecemento político da nosa identidade nacional galega, algo tan obvio prá sociedade galega actual, pero que non se consigueu sen pagar un prezo; pra chegar onde estamos, todos demos algo, pero algúns dérono todo: a súa vida. Recoñecelo non só os dignifica a eles e ás súas familias; dignifícanos a todos como país. |
|
|
|
|
A pasada reunión do Consello Galeguista desenrolouse nun ambente emotivo de renovación e construción de partido. Consonte co anunciado na anterior reunión do Consello Galeguista, formalizouse a renovación na direción do partido. Manuel Soto, despois dun labor entregado á causa das nosas siglas, deixou a direción executiva traspasando o cargo de Coordenador Nacional a Lucía Vázquez, unha muller xoven avogado, residente en Monforte de Lemos, que até agora viña desenvolvendo a responsabilidade de Vicecoordenadora Nacional. Este acto de normalidade democrática incrueu un recoñecemento ao labor de Manuel Soto, a quen se lle impuxo a insignia de ouro do partido. Lucía Vázquez asumeu a súa nova responsabilidade con compromiso de traballo e servicio e con esixencia de unanimidade na acción de tódolos cargos e toda a militancia. En consoancia con este esprito, os membros do Executivo puxeron os seus cargos ó dispor da nova Coordenadora Nacional, nunha mostra de confianza plena na súa persoa. Por outra parte, procedeuse ao debate final e aprobación definitiva do relatorio da Liña Política da nosa organización, un debate que se produceu nun entorno de consenso, con aportacións enriquecedoras que foron incorporadas tras un contraste de ideas franco e connstrutivo. |
|
|
|
|
O Consello Galeguista é convocado pra reunirse o vindeiro día 27 de setembro ás 10.00 horas en en 1ª convocatoria e ás 10.30h. en 2ª, en Santiago no Hotel Castro. O Orde do día da reunión é o seguinte: 1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior 2.- Informe do Presidente. 3.- Informe do Coordinador Nacional 4.- Dimisión do Coordinador Nacional. Recoñecemento da nova Coordinadora Nacional. 5.- Debate e aprobación do Relatorio de Liña Política. 6.- Rogos e preguntas Prégase ás agrupacións locais que realicen asambleas previas pra conformar a súa posición sobre o Relatorio de Liña Política. Se non recibiron aínda o documento base, pídano ao Coordinador Nacional. Manuel Suárez |
|
|
|
|
Unha vez máis, ante unha máis que próxima convocatoria eleitoral no noso país, os nosos gobernantes preocúpanse máis de solucionar os seus problemas de partido, que da atención e dedicación aos seus cidadáns, só que nesta ocasión fano descaradamente ante unha crise xa recoñecida por todos e que empeza a afectar profundamente aos sectores máis desfavorecidos, como son as PEMEs e as microempresas que cada vez perden máis fol á hora da creación de emprego e autoemprego. Todos os datos apuntan a un empeoramento da nosa economía en canto se pechen os datos económicos do ano en curso. No ámbito do turismo decaeu máis dun 7 % con respecto a rexistros anteriores, e así no-lo indican asociacións que agrupan a este sector. O sector primario está a atravesar un dos peores momentos da última década, producíndose un avellamento da poboación, sin que exista continuidade laboral e propiciando así a emigración dos galegos a outros lugares do estado español. A pesca do noso país viviu conflitos como os que xa non se recordaban, acabando asi con parte da flota pesqueira artesanal galega. E do sector da construcción, a burbulla inmobiliaria non foi intuída polos nosos gobernantes, até chegar á situación actual de perda masiva de emprego e as xa demostradas e insalvables consecuencias negativas que este sector lle produciu ás pequenas e medianas empresas subcontratadas. Neste sentido, e debido á falta de control do goberno sobre as grandes empresas e os proxectos de pouca viabilidade, deron como tristre resultado final a demanda por parte destas de acollerse á lei concursal. É obvio que os representantes da Xunta de Galicia son os encargados de velar polos intereses económicos dos galegos e galegas; prometéronnos grandes investimentos no noso país, investimentos que que non chegan, aínda cando o goberno central o rexe o mal chamado ¿goberno amigo?. Os galegos seguimos a representar moi pouco dentro da economía de España, necesitamos mellorar sen paliativos as comunicacións, crear chan industrial público de calidade a prezos competitivos, abordar proxectos de viabilidade que pola súa magnitude rexeitan outros axentes, tendo en conta e sen perder de vista que o noso territorio é disperso e con abundantes núcleos rurais que permiten xerar unha economía baseada na agricultura, gandeiría, turismo etc. As expectativas da campaña preeleitoral en Galicia son segundo lemos na prensa diaria a competencia do Partido Socialista por demostarle ao Partido Popular que volverá revalidar a presidencia da Xunta de Galicia e aparece tamén como única alternativa o BNG para seguir mantendo un goberno no poder que xa demostrou non resolver as carencias económicas dos cidadáns máis desfavorecidos. Existe tamén un galeguismo agrupado en torno ao Partido Galeguista que senten e viven diariamente os problemas do noso país e que manteñen a esperanza de que na próxima convocatoria eleitoral, os galegos e as galegas saiban dicir ben alto que para que un país creza con forza, debe estar representado por todo o sentir dos seus veciños. O Partido Galeguista será, no parlamento galego, a peza da balanza necesaria para equilibrar un país que actualmente necesita pór todos os esforzos en sacar aos galegos e galegas desta situación económica desfavorable. |
|
|
|
|
O 17 de agosto de 1986 o Partido Galeguista restaurou a lembranza dos que morreron por Galicia sinalando esa data, cabodano do fusilamento de Alexandre Bóveda, como Día dos Mártires Galegos. Posteriormente outras formacións nacionalistas se sumaron a esta celebración. É certo que Alexandre Bóveda e os demais galeguistas asasinados pola súa fidelidade á terra, pertencen á Historia de Galicia e a súa entrega forma parte do patrimonio de toda a nación galega, pero é igoalmente certo que todos eles viviron no Partido Galeguista e morreron no Partido Galeguista; o noso partido hónrase en contalos no número de quenes se definiron coma membros da nosa organización. Sen dúbida hoxe hai en todo o abano ideolóxico galego moitos que se senten galeguistas, pero hoxe a única militancia política galeguista é a que se produce nas filas do Partido Galeguista. A entrega até a fin dos irmáns mortos pola nación enche de transcendencia a nosa militancia política; o noso compromiso ca terra non pode, xa que logo, ser conxuntural, senón debe chegar até a fin, con toda xenerosidade e apertura a tódolos sectores e forzas do país, pero sen concesión algunha ó oportunismo, con plena disposición ó sacrificio, tendo diante a suprema entrega de quenes nos precederon, e, pola mesma razón, ca plena convición de quenes non descansaremos até ver a nosa nación redimida, soberana e dona dos seus propios camiños. Neste 17 de agosto, ás 11 h. da mañá, no cemiterio de S. Mauro de Pontevedra, o Partido Galeguista realiza un acto commemorativo. |
|
|
|
|
O Parlamento Galego consigueu poñer de acordo a PP, PSOE e BNG pra requeri-la constitución da Comisión de Seguimento das obras do AVE. É unha decisión que merece todo o apoio porque amosa que é posible chegar a acordos pensando con mentalidade de estado, pero non falamos, non, de estado español, senón dese especial tipo de mentalidade que sobrepón a defensa dos intereses da nación galega por riba dos ouxetivos partidarios. Ao outro lado volvemos atoparnos ca mentalidade cerril da ministra Dª Magdalena –ún non pode evitar perguntarse se algunhas persoas están no goberno polo que valen ou polo cupo– que se permite volver ignorar a Galicia esquencendo non só os seus propios compromisos, senón tamén a débeda histórica de infraestruturas que España tén con Galicia. I entón é cando ún se pergunta por qué o goberno de Madrí tén tanto medo a crear a comisión, se están certos de cumprir cos prazos. Tamén se pergunta ún cómo se entende que o BNG fose decisivo pra evita-la recusación desa ministra na anterior lexislatura, qué rendemento lle sacou o Bloque a esa imperdoable contradición. E tamén perguntámonos pra qué nos serve ter ministros galegos no goberno español, como Elena Salgado, que veta persoalmente a constitución desa comisión de seguimento do AVE. Unha parte dos parlamentarios do PSOE que nos representan en Madrí colocáronse nas listas eleitorais pra servir á estrutura do partido ou ao goberno español e facéndoo en moitos casos, coma neste, en contra dos intereses dos galegos que os votaron: falamos de César A. Molina, Elena Espinosa ou José Blanco. ¿E qué dicir de Carmen Marón, Ceferino Díaz (que tiña sona de sensibilidade nacionalista), Margarita Pérez, Alberto Fidalgo, Antón Louro, Marta Estrada e Domingo Tabuyo? En calisquer democracia madura se lles esixiría que defendesen por riba de todo os intereses dos seus representados, pero ¿qué votaron estes nosos deputados cando se rexeitou no Parlamento Español a constitución desa comisión de seguimento? Votaron en contra de Galicia e perguntámonos se serían quén de durmir esa noite. ¿Maxínanse qué sucedería se se houbesen plantado e dixesen: “antes obedecemos ós nosos eleitores ca ás ordes do partido”? O goberno español teriase visto obrigado a constituir a comisión de seguimento. Non son deputados nosos, son deputados do partido que os coloca nas listas. Non teñen valentía abondo pra se enfrontar con dignidade política a quenes lles obrigan dende Madrí á vergoñenta humillación de votar en contra dos intereses do seu propio país. Cecais eiquí está o problema: pra eles o seu país non é Galicia, senón España, e confían na amnesia do eleitorado galego. Se os galegos os seguen votando, que non se chamen a engano: estes parlamentarios veñen de amosar ata qué ponto están trincados por quen os coloca nas listas e con qué indignidade política desprezan a vontade e os intereses dos seus representados. Galicia merece ter uns deputados leais á súa terra e á súa xente, antes dispostos a render contas diante da nación galega, non do aparello de partido. Así serán os deputados do Partido Galeguista. |
|
|
|
|
O Consello Galeguista é convocado pra reunirse o vindeiro día 19 de xullo ás 10.30 horas en en 1ª convocatoria e ás 11h. en 2ª, en Santiago no Hotel Castro. O Orde do día da reunión é o seguinte: 1.- Leitura e aprobación, no seu caso, da acta da reunión anterior 2.- Informe do Presidente 3.- Informe do Coordinador Nacional 4.- Debate sobre os contidos que se desprenden dos informes. 5.- Rogos e preguntas Prégase ás agrupacións locais que realicen asambleas previas pra conformar a súa posición sobre a direción i estratexia global do partido. Manuel Suárez Presidente. Consello Galeguista |
|
|
|
|
Galicia é unha potencia pesqueira europea; a esta situación non chegamos só por ser un país deitado frente ó mar, como dicía Celso Emilio, senón grazas ó esforzo e profesionalidade dos nosos mariñeiros e armadores. Non tén sido doado manterse nesa posición: dende a decraración de escrusividade das duascentas millas até hoxe, pola nosa cuberta teñen pasado tódalas ondas dende a guerra do fletán á piratería, pasando polas importacións de pescado non controladas. Agora a nosa pesca sofre a suba imparable do prezo do petróleo, que supón o 60% dos seus insumos (gastos de materia prima necesarios pra realizar unha actividade). Os mariñeiros protestan porque se ven afogados e o ministro Sr. Solbes respóstalles que non se poden reducir os impostos do combustible, que non arranxaría a medio prazo o problema porque aumentaría a tensión de demanda, o que facería subir outravolta o prezo. Imos ver: boa parte do prezo do gasoil corresponde a impostos indireitos, esto é, cóbrannolos a todos independentemente do noso nivel de ingresos, pero especialmente a quenes consumen máis produto –neste caso, combustible–. A argumentación do Sr. Solbes é impecable, pero a misión dun ministro de economía non é só saber moito de economía, senón saber moito máis dos seus concidadáns e das súas necesidades; unha principal función da política é sinalar prioridades, e néstas deben rexir non só criterios de macroeconomía, senón tamén os que ponderen outras compoñentes humanas. Dende estes criterios, entenderemos primeiro que todos nos vemos afectados pola suba do petróleo, pero moi sinaladamante a xente do mar e tamén os transportistas e os labregos, polo que manter a mesma cárrega impositiva no gasoil pra todos supón discriminalos negativamente. Ademáis, pode ter sentido limitar a “tensión de demanda” na poboación xeral, “convencernos” con prezos outos de que consumamos menos combustible (algo parecido á política de suba de impostos do tabaco), pero se nós podemos prescindir dalgunha viaxe ou usar máis o transporte público ou pecha-la auga quente, os mariñeiros non consumen petróleo por gosto nen é un luxo do que poidan prescindir: a súa tensión de demanda non é modificable, a non ser que os mandemos amarrar no paro. A situación require unha discriminación positiva dos máis afectados pola suba do petróleo, de quenes nó-no consumen por gosto, senón por necesidade. Hai que rebaixar específicamente a cárrega impositiva –máis aínda da actual– do gasoil utilizado na pesca, no transporte e na agricultura. Sen dúbida alguén terá que pagar ese desconto –todos nós–, pero unha visión equilibrada e progresista da política impositiva así o esixe. Pero como país, os galegos temos tamén que reparar noutra cousa: non é bo depender tan perigosamente de decisións que se toman lonxe de nós; o “monocultivo” da pesca fainos moi vulnerables, como ben deprenderon os nosos cidadáns da terra de Ferrol que tanto dependían do “monocultivo” dos asteleiros. Hai que manter o elevado nivel da nosa pesca, pero hai que preparar pra os nosos fillos outras posibilidades de emprego, empezando pola acuicultura e seguindo por unha diversificación do abano de actividades que oferezan outros medios de desenrolo á nosa xente da costa. Reparemos, senón, nas razóns polas que a área de Vigo afrontou mellor no seu día a reconversión industrial, cá área de Ferrol. |
|
|
|
|
Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao noso compañeiro de partido Xosé Mª Alvarez Blázquez. Os galeguistas que tivemos a honra de coñecelo lembramos o seu xeito, a súa talla persoal, eso que os cataláns tan ben saben definir como “seny”. Non precisaba sacar do peto o seu egrexio curriculum; tampouco percisaba asoballarnos con reclamacións do que fora e dos méritos que fixera. Non percisaba nada desto: chegaba e a súa autoridade moral impoñiasenos de seu, solermiñamente, ca súa sinxela presenza. Nunca lle vimos reclamar nada pra si, pero a súa militancia no Partido Galeguista era unha honra pra todos nós e o seu nome na lista do partido nunhas elecións era un plus de calidade persoal. Estivo sempre do lado dos que sofren a historia e pagou moi caro xa dende o inicio co fusilamento do seu pai. Do seu labor feito con escelencia e amor a Galicia na arqueoloxía, na literatura e no traballo editorial xa se veñen ocupando tódolos medios nestas datas, pero queremos salientar eiquí que boa parte da súa vida traballou contra-corrente, loitando contra toda a mediocridade esterilizante daquela época moura do franquismo, ca súa esperanza afincada na “estrela que brila ao lonxe” da que falara Cabanillas. Hoxe os galeguistas queremos seguir o seu exemplo, loitando pola escelencia en contra da mediocridade, seguros na esperanza, irredentos na convición de que a nosa loita paga a pena porque non loitamos por ouxetivos particulares cativos e persoalistas, senón polas metas que necesariamente tén que alcanzar a nación galega. |
|
|
|
|
O xornal lucense “El Progreso” publica esta fotografía que, polos 24 anos transcurridos, forma parte da historia viva do Partido Galeguista. A xuntanza á que fai referencia foi unha das moitas coas que o P.G. asegurou a súa histórica expresión vital como formación política diferenciada, dona do seu destiño ainda que aberta a incoporacións que sumando multipliquen a capacidade operativa e de interacción coa cidadanía da Galiza. No oitenta e catro xuntabamonos a carón do lume Galeguista de D. Ramón Martínez López e Manuel Beiras, varias xeracións comprometidas coa Identidade Galega que puxeron o seu grao de area na construcción do que o VIII Congreso do P.G. definiu como Galeguismo do século XXI e que acadou a sua expresión máis relevante no texto da proposta do III Estatuto da Galicia que, en si mesmo, constitúe o documento político mais completo da xa longa historia do P.G. Sen aquel núcleo que resistiu e impediu a disolución do P.G. en Coalición Galega, entre o que figuraban unha xeración Galeguista moi xoven (Manuel Suárez, hoxe Presidente do P.G., contaba con apenas 28 anos, Xabier González tiña 26 anos ou Chesqui que contaba con 25), o P.G. de hoxe non existiría. Toda unha lección histórica que, case un cuarto de século despois, ten plena vixencia e marca de xeito inequívoco o camiño político do P.G. |
|
|
|
|
Na Coruña, os traballadores de Fadesa están preocupados –e con eles, todos nós– porque prevén a redución da nómina de traballadores ata quedarse só en 50, o que supón na práctica o esfrangullamento da presencia da empresa na cidade galega; esto tén repercusións graves tamén nas empresas fornecedoras da zona. É un feito xa visto antes, repetido noutras empresas que se orixinan en Galicia e acaban deslocalizándose e trasladando a súa sé fóra. A diferencia desta deslocalización que vimos sufrindo en Galicia é que non resposta a razóns de custes salariais, senón a criterios empresariais ou políticos. Por eso as forzas políticas galegas temos algo que dicir, por eso nó-nos podemos conformar con esplicar que é inevitable porque así é a lei do mercado, porque neste caso e noutros semellantes todos temos responsabilidades: o goberno galego, os partidos políticos, as entidades financeiras galegas e o empresariado galego. O goberno galego tén que asumir outra disposición, deixar a inercia da vella esquerda que considera por principio adversarios ao grande capital e ás grandes empresas, e pasar a considerar como propio e defendible todo o que teña as súas raigañas en Galicia, asumindo unha actitude nacionalista que poña ao país galego por riba de calisquer tendencia ideolóxica sectaria. O Partido Galeguista defende sempre os intereses de tódalas empresas afincadas en Galicia e promoverá as condicións que faciliten a súa permanencia na nosa terra e buscará a harmonización dos lexítimos intereses empresariais cos intereses xerais de Galicia. Como partido democrático, non promovemos a nacionalización da banca, pero sí que reclamamos que as entidades financeiras galegas, especialmente as que teñen obriga legal e moral de mirar polos intereses sociais do noso país –sinaladamente as Caixas–, non se manteñan alleas ao desvencellamento do país de entidades como Fadesa, senón comprometan as súas capacidades na defensa do afincamento desas empresas en Galicia. O empresariado galego debe lembrar que a súa actividade e o seu beneficio debe repercutir no país no que naceu; queremos un empresariado galego e galeguista, asentado no país, non nómade, conscente de que os seus intereses son os intereses da terra, mesmo disposto a pagar un prezo por non fuxir do país. Pero ese empresariado debe sentirse arroupado, defendido, promocionado, integrado. A Xunta, os partidos políticos, as entidades financeiras, a poboación xeral, todos nós debemos traballar nun terreo común no que encontremos ouxetivos compartidos que acadar; manter as empresas en Galicia é un deses ouxetivos. |
|
|
|
|
Era a tardiña do 14 de abril do 1931; catro homes, Maura, Largo Caballero, Alcalá Zamora e Azaña, só catro homes sen máis armas ca os proxeutos e os ideais chegan ao Pazo de Comunicacións no centro de Madrid; contémplanos milleiros de persoas. Ábrense paso cara á entrada e alí un oficial da garda civil agarda firme chantado á porta. Azaña pensa que os van ametrallar. Prodúcese unha situación moi tensa e Maura berra: “¡paso ao goberno da República!”. O garda civil dubida e finalmente cádrase. Así proclamouse a República nun 14 de abril inesquecible no que a razón pudo sobre as armas e abreu paso á liberdade, e con ela chegou a oportunidade pra que Galicia asumise o seu autogoberno nunha campaña liderada cinco anos despois polo Partido Galeguista. Era outra tardiña no vran do 1936. Asegún pasaban os días, os sublevados facianse co control dos órgaos de poder en Galicia sen moita dificultade; Castelao queixabase amargamente de que a República non tivese aceptado antes a autonomía de Galicia, porque un goberno autónomo galego tería máis ferramentas pra enfrontarse ao golpe, como fixeron os gobernos vasco e catalán. A República caía en Galicia e as cunetas empezaban a encherse de cadavres. No Goberno Civil de Pontevedra, enseña local do goberno español, os altos cargos fuxían pola súa vida, cando un home saeu de adentro e berroulles: “Vós fuxides, en vez de defender á vosa República Española, pero aquí se queda dentro un galeguista”. Pouco despois, o 17 de agosto, pagaría o xesto ca súa vida: era Alexandre Bóveda. O Partido Galeguista foi fidel á República e a República non sempre pagou ca mesma xenerosidade, pero é evidente que aqueles anos republicanos permitíronnos asentar políticamente o que era unha realidade secular previa: a identidade nacional galega. A aprobación do noso I Estatuto na República foi o antecedente fundamental que máis tarde permitiría ao noso país ser recoñecido pola constitución do 78 como nacionalidade histórica. Os galeguistas debémoslle moito á República; Galicia tamén. |
|
|
|
|
A renovación do goberno español amosa cambios moi pouco significativos, e algúns son claramente prá galería. En fin, os galegos seguiremos vendo no goberno á ministra Dª Magdalena, que pra algo lle sirveu o valioso apoio do Bloque no seu día. É comprensible que o presidente do goberno español non deseñe a súa alineación mirando prás enquisas, pero tampouco se lle escapa ó Sr. Zapatero que a continuidade dalgúns/has ministros/as supón unha provocación. Entramentres, é de cortesía concederlles os cen días de constume e agardar que o novo goberno sexa máis sensible ca o anterior ós dereitos e necesidades de Galicia. Polo pronto, o Sr. Solbes di que nos vai facer máis levadeira a crise –esa mesma crise que el negaba na campaña eletoral– regalándonos un aguinaldo de 400 euros. Claro que eiquí hai dous equívocos: o primeiro é que o Sr. Ministro non saca eses cartos do seu peto, non é un galano polo que lle teñamos que bica-lo anel; eses cartos son de todos nós. En segundo lugar, se eses 400 euros saen dun superavit anterior, concluimos que antes nos retiveron a cada ún máis cartos dos que deberían; ¿por qué nos recolleron onte máis euros do necesario pra logo dicir hoxe que no-los regalan? A cousa é máis seria se lembramos que eses benditos 400 euros foron presentados como gancho eletoral na campaña do partido do goberno. Semella unha obviedade, pero hai que lembrar que non é función do goberno regalarnos nada, senón administrar o que é de todos; pois que administren con xustiza o que nos toca a Galicia. |
|
|
|
|
O Consello Galeguista é convocado pra reunirse o vindeiro día 19 de abril ás 10.30 horas en Santiago no Hotel Castro. Trátase da súa primeira reunión despois do IX Congreso realizado o 26 de xaneiro en Monforte de Lemos. Lembramos que o Consello Galeguista é o máximo órgao entre congresos. Recibirá e avaliará os informes que lle presentarán o Coordenador Nacional e o Presidente do Partido e abordará as estratexias cara ós vindeiros compromisos eletorais, que probablemente serán adiantados polo actual goberno da Xunta. O Orde do día da reunión é o seguinte: 1.- Constitución do Consello Galeguista 2.- Informe do Coordinador Nacional 3.- Informe do Presidente 4.- Estratexias cara ás vindeiras elecións 5.- Rogos e preguntas Manuel Suárez Presidente. Consello Galeguista |
|
|
|
|
Aínda temos nos ollos o cadaleito branquiño de Mari Luz Cortés. A súa morte xerounos a todos fonda dor e impresionounos a talla e serenidade do seu pai, pastor protestante xitano. Non parece éste un tema prá portada da web dun partido político, pero non imos esquencer que estamos na política pra dar resposta ás necesidades da xente, e as humanas non son menos cás económicas, apesares de que pasamos demasiado tempo con éstas; non é bo político o que non se achega ao corazón das persoas. Hai unha pregunta que nos desacouga cada día máis: ¿Podía terse evitado a súa morte? Agora sabemos que o seu presunto asasino tiña pendente de cumprir unha condea por abuso da súa propia filla dende o ano 2002, pero campaba ceibe polas rúas sen que, asegún indica a policía, constase unha orde xudicial de detención. O Consejo General del Poder Judicial está a revisa-las causas desta situación incomprensible e inaceptable e decidirá, non imos adiantarnos nós. Pero xorde unha reflesión que tódolos cidadáns compartimos e ninguén se estreve a presentar: ¿E logo os xuíces non deben dar conta dos seus erros? Os xuíces son falibles, equivócanse por veces; xa que logo, están sometidos ás mesmas debilidades cós demais mortais e deben respostar das súas decisións igoaliño cós demais cidadáns, distinguindo, sen dúbida, entre os erros inevitables e os erros por neglixencia. De feito, así acontece cos médicos ou cos arquiteutos: poden cometer erros que teñen trascendencia mesmo na morte de persoas –como pudo ter sucedido no caso de Mari Luz–; nuns casos poden ser inevitables, pero noutros pode haber responsabilidade penal i en moitos máis, civil. ¿Por qué semella que os xuíces están por riba destas servidumes e os seus posibles erros non lles levan a ter que asumir as consecuencias igoaliño ca, por exemplo, un médico? ¿Por qué a neglixencia médica se paga duramente e un xuíz non paga igoal a súa? Non paga igoal primeiro porque no máis estremo dos casos quen o xulgará será un corpo formado por xuíces coma el, o CGPJ –se se seguise o mesmo criterio, quen debería xulgar os erros médicos é o Consello Xeral de Colexios de Médicos–; segundo, porque non temos constancia de que algún xuíz pague con cadea as súas neglixencias; e terceiro porque os médicos teñen que respostar no seu caso con indemnizacións elevadas que pagan do seu peto ou do seguro de responsabilidade civil que deben ter contratado, pero os xuíces escapan a estas consecuencias. ¿Por qué os xuíces non pagan do seu peto as súas neglixencias? ¿Por qué non están obrigados a suscribir un seguro de responsabilidade civil? Non estamos a pór aos xuíces no ponto de mira, deseguro que a inmensa maioría actúa con plena responsabilidade, polo que deberían ser eles os primeiriños en reclamar someterse ao mesmo marco cós demais cidadáns. Rexeitamos os intentos de controlar ao poder xudicial dende a política, mesmo desaprobamos o xeito de eleción do seu Consejo General del Poder Judicial, que hoxe está sometido ao control político; reclamamos que os propios xuíces nomeen ao seu órgano disciplinario, e ca mesma convición reclamamos que asuman as consecuencias das súas decisións ou omisións co mesmiño rigor cós demais mortais. Aínda se se adoptan con valentía criterios como os que sinalamos, pra os pais de Mari Luz non haberá xa solución posible; pra outras neniñas coma ela, probablemente si.
|
|
|
|
|
Nas recentes eleccións xerais asistimos a unha polarización do voto que supón a redución da presenza dos partidos non maioritarios; esta concentración do voto implica unha menor riqueza na espresión da vontade popular, que, de xeito natural, debería amosarse diversificada. Non é bo que a poboación vote con criterios de mal menor ou en contra dun partido. Tampouco é bo o actual sistema electoral, que promove que os deputados dependan máis do aparello de partido que elaboura as listas pechadas, ca da poboación á que deben representar; esto permitirá que se sigan producindo, por disciplina de partido, apoios de deputados galegos a resolucións claramente prexudiciais pra Galicia. O que tén de positivo a distribución de escanos é que ningún partido tén maioría absoluta e requeriránse pactos parlamentarios (non é probable que se produzan pactos de goberno), algo normal nunha democracia. Partidos nacionalistas como o PNV ou CiU, con presenza significada, poden gañar así protagonismo e influencia real na política estatal; non é este o caso do Bloque, que semella ter acadado o seu teito, apesares de contar ca avantaxe de seren a única forza nacionalista que se presentaba a estas eleccións no noso país. Esta situación fai evidente a necesidade de contar en Galicia cun partido nacionalista propio, moderado e de centro, con capacidade de pacto, non dogmático, que sexa quén de captar o apoio de amplos sectores da sociedade galega, que o voten non como mal menor, senón dende a convición de quen sinte que ese é o seu partido, o partido nacional de Galicia, o Partido Galeguista. Xa que logo, o Partido Galeguista, consonte co seu anunciado compromiso de acudir dende agora a tódolos procesos electorais, comprométese a seguir polo miúdo a acción do goberno español, nomeadamente nas actuacións referidas a Galicia, e a traballar pra promover a confluencia de tódalas sensibilidades xenuinamente galeguistas, moderadas e de centro, pra construír unha alternativa real que lle outorgue a Galicia a presenza política que lle corresponde no entorno peninsular. |
|
|
|
|
O Partido Galeguista rexeita de plano a utilización da violencia contra as persoas. A principal función da política é elevar a dignidade das persoas e dos pobos e un asasinato como o de D. Isaías Carrasco é a peor forma de atentar contra a dignidade das persoas, pero tamén contra a dignidade do pobo vasco. Facemos pública a nosa solidariedade de corazón ca familia do ex-concelleiro, cos seus compañeiros de partido e co pobo vasco. A normalización da vida política en Euskadi esixe garantir a renuncia á violencia e a seguridade de que tódalas propostas políticas, sen esclusión, poidan ser defendidas libremente nun entorno democrático. Un día rematará pra sempre a violencia en Euskadi, e todos felicitarémonos deso, pero naquel día seguirá habendo dor na familia do Sr. Carrasco; os problemas políticos pódense reparar, pero nunca se poderá reparar a perda dunha vida humana. Os nacionalistas temos claro que a liberdade dos pobos non se pode conquerir pagando o prezo do sangue e a dignidade das persoas. . |
|
|
|
|
O Partido Galeguista defende a liberdade de espresión como un dereito de todo cidadán, así como a libre concorrencia de ideas. Neste senso, rexeitamos as dificultades que a deputada do PP, a Sra. San Gil, tivo pra manifestar as súas propostas nunha conferencia na Facultade de Económicas de Santiago. Os desacordos cas propostas políticas débense manifestar pacificamente, con toda convición, pero ningunha violentación física, e respetando sempre a dignidade das persoas. Xustamente en Euskadi, como en calisquer outro pobo, hai que levar até as últimas consecuencias a posibilitación de que tódalas ideas políticas sexan manifestadas en liberdade e igoaldade de condicións, sendo coherentes co principio democrático de que ningunha idea debe estar vetada pra ofrecerse á cidadanía, e que sexa ésta a que decida en liberdade.
|
|
|
|
|
A Executiva Nacional do Partido Galeguista tomou a decisión de que o partido non se presentará ás vindeiras elecións xerais. A decisión tomouse tras un debate franco e aberto no que se tiveron en conta tódalas razóns que pesaban nun senso e noutro. Tívose en consideración o feito de que somos un partido en expansión, pero partimos dunha reactivación recente (o PG ven de retoma-la súa actividade pública dende hai só tres anos), e compre xerarquizar o uso de recursos humanos e económicos. Neste senso, non hai dúbida de que o Partido Galeguista tén como obxectivo primordial asegurar unha forte presenza no próximo Parlamento Galego, como unha alternativa ao actual tripartito parlamentario, pois BNG, PP e PSdeG-PSOE só se dedican a facer pelexas partidistas esquecendo as súas obrigas de defensa dos intereses galegos. O feito de que Galicia estea a quedarse atrás con respecto da maioría das Comunidades Autónomas do Estado Español, como está a ocorrer co noso Estatuto de Autonomía, é unha boa proba. Por iso focalizaremos tódolos nosos esforzos dende agora mesmo na angueira de convertenos nunha peza clave na próxima composición parlamentaria. Tamén dende agora mesmo faremos un seguimento das propostas programáticas nas elecións ao Parlamento español que afecten a Galicia e presentarémo-las as nosas alternativas. Non promoveremos unha orientación de voto específica, pero animamos á poboación galega a que participe nas elecións e, sobre todo, que non se conforme con entregar o voto, senón que faga despois un seguimento do grao de cumprimento dos compromisos programáticos ofertados (xa está ben de enganar ós cidadáns!), e esixa con regularidade unha rendición de contas por parte do goberno resultante. E, para rematar, facemos público o noso compromiso de que, logo destas inmediatas eleccións ao Parlamento español, o PG concorrerá a tódolos procesos electorais que se dean no noso País. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hoxe Monforte é por dereito propio a capital do Galeguismo, revivindo as históricas xornadas da IV Asemblea Nacionalista de Galicia, de Febreiro do 1.922, celebrada na antiga Casa do Concello de Monforte, que reuniron a maior parte dos dirixentes históricos do Galeguismo. Daquela, o obxectivo principal dos Castelao, Risco, Otero Pedraio, Losada Diéguez, irmáns Vilar Ponte, Blanco Torres ou do poeta Manoel Antonio, xunto con outros moitos afiliados das Irmandades da Fala de toda Galiza, foi o de articular a organización definitiva do que debería ser o primeiro partido nacionalista galego: a Irmandade Nacionalista Galega, unha das formacións precursoras do Partido Galeguista que se fundaría anos despois. Nos prazos que fixou no 2004 o VIII Congreso, os Galeguistas celebramos hoxe o noso IX Congreso coa seguridade de que en Monforte, do mesmo xeito que devanceiros nosos os viviron fai oitenta e seis anos, estaremos a vivir unha data clave que marcará un punto de inflexión histórico na construción desa alternativa Galeguista con capacidade real de goberno na Galiza, que xa anunciamos no Congreso de Pontevedra e pola que vimos traballando o longo destes tres anos. O mandado que recibiu a Comisión Organizadora da Dirección do P.G. era construír un proceso pre-congresual transparente, participativo e no que as bases tiveran unha ampla representación; cometido que cumpriu a perfección e que ten servido para que este IX Congreso esté en condicións de actualiza-la mensaxe, adapta-la praxe política e renova-la composición dos órganos de dirección do partido. A vontade de todos nós é saír deste IX Congreso cun proxecto político o servizo da Galicia, inequivocamente ideado e escrito en Galego e para os Galegos e Galegas; baixo fórmulas organizativas que acentúen aspectos tan importantes como o da soberanía de decidir que reside nos militantes de base e que a dirección partidaria ou calquera cargo electo son servidores convencidos delas e do pobo Galego. O IX Congreso Galeguista ten a oportunidade histórica de vertebrar definitivamente ó Galeguismo, de preparalo para interactuar coa sociedade dun xeito realmente efectivo, de consagrar un xeito leal de facer traballo político desde o respecto as opinións individuais cando estas son capaces de integrarse na vontade colectiva dese proxecto Galeguista común que, sen ningún xénero de dúbidas, atopa a súa verdadeira fortaleza na diversidade interpretada en clave de lealdade política. PRESIDENTE: D. Xabier González Sotelo VICEPRESIDENTES: D. Xesús Manuel Suárez García y Manuel Elías Pérez Álvarez SECRETARIO XERAL: D. Manoel Soto Ferreiro VICESECRETARIO XERAL DE ORGANIZACIÓN: D. Xosé Fernández Cid SECRETARÍA DE COMUNICACIÓN: D. Miguel Ángel Rodríguez Aneiros SECRETARÍA DE POLÍTICA TURÍSTICA: D. Xesús Martínez López SECRETARÍA DE DEREITOS CIDADÁNS: D. Xaime Da Pena Ceide SECRETARÍA DE ESTUDOS E PROGRAMAS: D. Fernando Pérez Suárez SECRETARÍA DE ACTIVIDADES ELECTORAIS: D. Alexandre Bastos Fernández SECRETARÍA DE POLÍTICA DA SANIDADE: D. Sixto Sánchez Otero SECRETARÍA DE POLÍTICAS DEPORTIVAS: D. José Alfredo Bea García SECRETARÍA DE POLÍTICAS MEDIOAMBIENTAIS: Francisco Pérez SECRETARÍA DE PYMES E AUTÓNOMOS: D. Antonio Deza Alves SECRETARÍA DE ASUNTOS MUNICIPAIS: D. Antonio Varela Álvarez SECRETARIA XURÍDICA: Dª. Celia María Pérez Conde e D. Francisco Toledano SECRETARÍA DE POLÍTICAS DA MOCIDADE: Dª Vanesa Prieto Giráldez SECRETARÍA DE COOPERACIÓN: Dª Maite Isla Avión SECRETARÍA DE FINANZAS: D. Luis Bóveda Canal SECRETARÍA DA POLÍTICA EN INFRAESTRUCTURAS: Manuel Delafuente Álvarez SECRETARÍA DAS MOCIDADES GALEGUISTAS. Jon Francisco González Pérez AXUNTO A VICESECRETARIA XERAL DE ORGANIZACIÓN: D. Ramón López Díaz ![]() |
|
|
|
|
“Onte, hoxe e mañá: Nós” é o lema que presidirá o IX Congreso dos Galeguistas do vindeiro 26 de Xaneiro. Entre outros moitos, o concepto de Galicia como célula de Universalidade, da Identidade Galega como expresión social internacional, do idioma como seña nacional irrenunciable, dos case dous séculos de vixencia do Galeguismo, dos 76 anos de permanencia política do Partido Galeguista como ferramenta anovadora e transformadora da sociedade e da política Galega, expresados nun onte inseparable do hoxe e do mañá que transcende no tempo e na historia baixo un NÓS identitario, integrador e non excluínte, que representa a tódalas xeracións Galeguistas.
|
|
|
|
|
A Executiva Nacional ratificou a proposta unánime da Permanente e Plenario da Comisión Organizadora de que Monforte de Lemos sexa a sede do IX Congreso do P.G. Na xornada de traballo celebrada hoxe sábado en Lalín, houbo coincidencia absoluta na designación, que foi apoiada incluso polos promotores das outras dúas opcións que se barallaban como sedes para o IX Congreso; valorándose de xeito especial a condición de Monforte como vila emblemática da Galiza interior e a gran proposta organizativa presentada pola Xunta Local do P.G. Oitenta e seis anos despois, o 26 de Xaneiro do 2008, Monforte voltará a ser a capital do Galeguismo, revivindo as históricas xornadas da IV Asemblea Nacionalista de Galicia, de Febreiro do 1.922, celebrada na antiga Casa do Concello de Monforte, que reuniron a maior parte dos dirixentes históricos do Galeguismo. Daquela, o obxectivo principal dos Castelao, Risco, Otero Pedraio, Losada Diéguez, irmáns Vilar Ponte, Blanco Torres ou do poeta Manoel Antonio, xunto con outros moitos afiliados das Irmandades da Fala de toda Galiza, foi o de articular a organización definitiva do que debería ser o primeiro partido nacionalista galego: a Irmandade Nacionalista Galega, unha das formacións precursoras do Partido Galeguista que se fundaría anos despois.
|
|
|
|
|
A Executiva Nacional do P.G., na súa xuntanza do mércores vinteséis de Decembro, recibiu o informe do Presidente da Comisión Organizadora IX Congreso e resolveu distintos asuntos de trámite e organizativos. Entre os organizativos está o peche da revisión e actualización do censo de afiliados do P.G., que terán voz e voto no IX Congreso, e dos simpatizantes. A Vicesecretaria Xeral de Organización está a revisa-los datos enviados e a ultima-la listas do censo para trasladarllas as distintas Xuntas Locais para que éstas procedan a súa revisión e a presenta-las alegacións pertinentes. Tamén se acordou establecer un baremo, a efectos internos da Executiva Nacional, para a decidi-la sede do IX Congreso Galeguista entre as tres que propoña a Permanente e o Plenario da Comisión Organizadora. Entres os asuntos de mero trámite, está a decisión, xa comunicada por burofax ás partes afectadas, de procede-la inmediata e total desvinculación do Partido Galeguista co Concelleiro independente, electo pola candidatura presentada polo P.G. no Concello de Oroso, D. Manuel Siverio Mirás Liñares. Da decisión adoptada, que contou co respaldo de tódolos asistentes agás un –que solicitaba un aprazamento da decisión-, a dirección do P.G. non fará ningún tipo de consideración pública e limitaráse a informar no IX Congreso da motivación que a levou a adoptar esa decisión. Os informes valorados pola executiva conclúen en que se fai inexcusable separalo, a tódolos efectos legais e regulamentarios, do compromiso que tiña co Partido Galeguista e que viña derivado da súa inclusión como independente nunha candidatura das presentadas polo P.G. nas pasadas Eleccións Municipais. |
|
|
|
|
O Vicesecretario Xeral de Organización, Xosé Fernández, comunica que tanto as Xuntas Locais constituídas como as militantes e os militantes Galeguistas terán o seu dispor, desde o próximo luns 10 de Decembro, un teléfono e un mail de atención e consulta de Acreditacións de Delegados no IX Congreso do P.G. Asimesmo, aqueles simpatizantes que desexen acreditarse como asistentes á Sesión de Clausura do IX Congreso, poderán comunica-lo a Vicesecretaría Xeral no mesmo teléfono ou, se o prefiren, por correo electrónico.
|
|
|
|
|
A Executiva Nacional do P.G. ratificou tódolos acordos adoptados polo Plenario e a Permanente da Comisión Organizadora, entre os que figura ó 26 de Xaneiro como data de celebración do IX Congreso do P.G. A xuntanza da Executiva Nacional estivo precedida por outras da Permanente e do Plenario da Comisión Organizadora do IX Congreso, que se celebraron ma mañá do sábado. No calendario pre-congresual está previstas varias xuntanzas do Plenario, a Permanente e a Executiva Nacional para este mes de Decembro e Xaneiro. A próxima terá lugar na Coruña, o 15 de Decembro, data na que se presentará a Executiva da Xunta Local do P.G. na cidade coruñesa. Por outra parte, o 26 de Decembro é a data límite para a entrega á Permanente dos borradores de Ponencias, que está previsto sexan remitidas por correo electrónico as Xuntas Locais e afiliados que as soliciten entre o 29 e 31 de Decembro. |
|
|
|
|
“Estaba previsto desde a data no que se celebrou o oitavo, ratificado polo Consello Nacional en Xullo desde mesmo ano e convocado formalmente pola primeira Executiva que se celebrou despois; a celebración do IX Congreso sempre foi concibida, desde a Dirección Galeguista actual, como unha data clave que marcará un punto de inflexión na construción dunha alternativa Galeguista con capacidade real de goberno na Galiza.” “Esa conciencia e ese concepto de transición do Galeguismo, desde as sombras da década dos noventa á luz que se albisca no século XXI, lévanos esixido algúns esforzos que non estaban previstos inicialmente no guión pero que teñen servido como proba de fortaleza. Nos últimos tempos, nós, os Galeguistas, aplicando ese concepto de elegancia política que tanto valoramos, fomos soltando lastre discretamente ou regalando pontes de prata para que se foran independizando do P.G. aqueles ós que non soubemos explicar, ou non quixeron entender, que entre Galeguistas e “galleguistas” hai abondo diferenzas como para que os primeiros militen no P.G. e os segundos procuren acougos políticos mais acordes coas súas sensibilidades ou patróns políticos.” “É imprescindible que o proceso congresual dun partido político serva para dinamizar a militancia porque, en si mesmo e como parte da actividade normal dunha formación política, os Congresos teñen tres obxectivos básicos: actualiza-la mensaxe, adapta-la praxe política e renova-la composición dos órganos de dirección do partido. Xa que logo, unha formación política que non se axita nestes procesos traslada unha mensaxe evidente de esgotamento de forzas e incapacidade para xerar alternativas internas e, como consecuencia lóxica, de presentar a sociedade un proxecto cheo de vitalidade e tan capaz como a sociedade demanda daqueles que verdadeiramente conforman alternativas sólidas.” “Que a militancia dun partido ferva de inquedanzas é un síntoma inequívoco de saúde e un excelente agoiro de presente e futuro porque, se a lealdade é a norma de conduta, cría un entusiasmo e unha enerxía que para nada colisionan coa estabilidade que debe manter, sempre e en toda ocasión, un proxecto crible. Craro está que unha cousa é participar da excitación leal e outra moi distinta converterse en axitador contumaz” “Combinando firmeza con diálogo, transparencia absoluta nos procesos que garanta o dereito a información veraz e a soberanía de decidir as liñas de actuación política ou a elixir e ser elixidos para aplicalas que teñen tódolos militantes do P.G., serenidade e normalidade na adopción dos deberes que emanan das diferentes responsabilidades de dirección do P.G. e de organización do proceso, faremos posible que o IX Congreso vaia alén do mero relevo ou substitución de algunhas fotografías na páxina web. Mudar algo para que todo siga exactamente igual ten unha escasa utilidade sociopolítica, esgota ós proxectos, enterra as alternativas partidarias e condea, cara a memoria histórica, aqueles que míranse o espello con indisimuladas ansias de sentirse e pensarse líderes ou aspirantes a se-lo.” “Ter aspiracións de entrar ou decidir saír son sempre decisión persoais que poñen a proba a quen as adopta; nunca será o mesmo entrar enganando ou saír por xubilación democraticamente obrigada, que facelo coa verdade e cun proxecto por diante ou deixar paso con toda a humildade e a convicción de que os sucesores aportarán mais cousas e serán capaces de mellorar en moito o proxecto. Por moi imprescindible que pareza ninguén o é, afortunadamente o mundo segue xirando aínda que haxa que bote man dun espello e, fronte da súa imaxe refrexada, cavile que a súa traxectoria ou currículo existencial é tan indispensable que constitúe unha aportación vital sen a que todo irá a pior.”
“Desde sempre creo nos equipos de traballo, seméllame un xeito eficaz de optimiza-los recursos e de garantir que a democracia interna presidirá tódalas decisión dun partido político; un equipo de dirección partidaria aporta ese plus de fraternidade que xurde da igualdade participativa, alimentando o verdadeiro significado das decisións colexiadas e incorporando valores colectivos engadidos.” “No IX Congreso, o P.G. dará un paso adiante exemplar porque hai que ter en conta que, algo insólito na política partidaria nuns tempos nos que o autoritarismo partidario prima sobre a democracia participativa, a idea da supresión do cargo de Secretario Xeral e a adopción dunha fórmula de dirección partidaria en equipo xurde precisamente do actual Secretario Xeral do P.G. Ese desexo real de non perpetuarse nos postos, de apoiar a renovación da teoría, praxe e dirección partidaria, é un activo político único que a fai moito mais grandes politicamente ós dirixentes e afortala sen lugar a dúbida algunha o proxecto.” “O que está claro é que hai preceptos que non están suxeitos a interpretación, entre eles están os de que o P.G. ten un proxecto político o servizo da Galicia, inequivocamente ideado e escrito en Galego e para os Galegos e Galegas, no que a soberanía de decidir reside nos militantes de base e, como engadido de extraordinaria importancia, no que calquera dirección partidaria ou cargo electo son servidores convencidos.” “Subscribir, sen reservas, a idea expresada na web do P.G. de que “Tódalas voces Galeguistas xuntas nunha soia voz colectiva facemos P.G.” e, o que é mais importante, FACEMOS GALIZA. O IX Congreso Galeguista ten a oportunidade histórica de vertebrar definitivamente ó Galeguismo, de preparalo para interactuar coa sociedade dun xeito realmente efectivo, de consagrar un xeito leal de facer traballo político desde o respecto as opinións individuais cando estas son capaces de integrarse na vontade colectiva dun proxecto Galeguista común que atopa a súa verdadeira fortaleza na diversidade interpretada en clave de lealdade política.” “Como anunciei xa fai mais de un ano, co IX Congreso chega o momento do meu retorno a militancia de base Galeguista; é unha decisión antiga e sen volta atrás, co absoluto convencemento de que aqueles que elixan os militantes para recolle-la testemuña serán os mais cualificados para dirixir outra etapa mais deste Partido Galeguista que, a pesares de tódolos pesares e das moitas travesías do deserto, vai camiño de cumprir un século ó servizo desta nación, que no meu interior sempre concibín e sentín independente, chamada Galiza.”
|
|
|
|
|
A cidade de Lugo acollerá o sábado 1 de Decembro unha importante xornada de traballo do Comité Organizador do IX Congreso Galeguista e da Executiva Nacional do P.G. Está previsto que as 10:30 da mañá do sábado se reúnan os vinte integrantes da Permanente da Comisión Organizadora do IX Congreso que, ademais dos informes de cada Coordinador, debaterá e aprobará o regulamento do proceso pre-congresual. As 12:00 xuntarase o Plenario da Comisión Organizadora, integrada por 60 membros, para ser informado pola Permanente do estado dos traballos organizativos, ponencias e demais documentos que se levarán ó Congreso. Está previsto que a xuntanza do Plenario remate as 14:30 horas, para deseguido celebrarse un xantar de irmandade que terá lugar Restaurante “Mencía Mencía”. Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, a Executiva Nacional ten convocada a súa xuntanza ordinaria do mes de Decembro na que, entre outros temas, ratificarase o 26 de Xaneiro do 2008 como data de celebración do IX Congreso dos Galeguistas.
|
|
|
|
|
Dando cumprimento a decisión adoptada pola Executiva Nacional celebrada o 9 de Novembro e unha vez rematadas as consultas cos inicialmente designados, o Presidente da Comisión Organizadora do IX Congreso trasladoulle ó Presidente e o Secretario Xeral do P.G. a lista de membros acreditados do Plenario da Comisión Organizadora do IX Congreso que formalmente constituirase o próximo 1 de Decembro. |
|
|
|
|
Na súa xuntanza do 17 de Novembro, en Ourense, a Permanente da ComisiónOrganizadora aprobou por unanimidade propor o 26 de Xaneiro do 2008 como data de celebración do IX Congreso do P.G. Asimesmo e tamén por unanimidade, a Permanente aprobou o seu regulamento interno, a proposta de regulamento dos Plenarios da Comisión Organizadora, un calendario do proceso pre-congresual e tamén a convocatoria do Plenario da Comisión para o día 1 de Decembro. Manuel Suárez, Presidente da Comisión Organizadora, subliñou a especial importancia de que a Comisión Organizadora do IX Congreso do P.G., como instancia consultiva e de apoio nas tarefas de organización do IX Congreso do P.G., asuma o espírito e a vocación expresada pola Executiva Nacional do P.G. de garantir a rigorosa transparencia e a participación democrática da militancia Galeguista no período pre-congresual e no propio IX Congreso Galeguista que, tanto no fondo como nas formas, forman parte de procesos normais de renovación e actualización da Dirección Executiva e da praxe e mensaxe política que, de xeito conxunto e inseparable, garanten a propia pervivencia do Galeguismo como alternativa política diferenciada. “Un Congreso é a meirande expresión da voz e do voto dos militantes Galeguistas, un acto normal e sereno de renovación da teoría, da praxe e dos propios órganos de Dirección do P.G., pero tamén de continuidade e permanencia do Galeguismo como alternativa diferenciada cara o futuro. Como Comisión Organizadora temos como obxectivo cumpli-lo mandato da Executiva Nacional e facer do IX Congreso un exemplo interior e exterior de transparencia, democracia e participación”. |
|
|
|
|
A proposta da Presidencia, Vicepresidencias e Secretaría Xeral do P.G. e por unanimidade, a Executiva Nacional acordou nomear Presidente da Comisión Orgaizadora do IX Congreso do P.G. a Xesús Manuel Suárez García e Vicepresidenta a Lucía Vázquez López. Tamén por unanimidade, decidiuse que a estrutura da Comisión sería a dunha Permanente composta por 20 membros e un Plenario formado pola Executiva Nacional, os integrantes da Permanente e 27 vocais-delegados das distintas Xuntas Locais do P.G. que a Executiva Nacional xa designou e ós que o Presidente da Comisión Organizadora convocará de inmediato para enceta-los traballos organizativos. Asimesmo, entre as decisións adoptadas está a de que Suso Martínez coordine os traballos da Ponencia de liña Política. No texto introdutorio aprobado recollese que “forma parte das súas obrigas como Dirección Executiva do P.G. e compételle, en primeira instancia, á Executiva Nacional garantir a rigorosa transparencia e a participación democrática da militancia en calquera proceso que afecte a vida do Partido Galeguista e moito mais naqueles que pola súa transcendencia, como é o caso dos Congresos, son de facto elementos reguladores da propia pervivencia do Galeguismo como alternativa política diferenciada. Un Congreso é un proceso de renovación normal na vida dunha formación política e como tal ten que ser afrontado; xa que logo tamén é obriga da Executiva Nacional dirixir o proceso desde a procura da estabilidade interna, animando e estimulando a participación pero tamén corrixindo, de xeito tan dialogante como firme e inequívoco e facendo uso das vías previstas nos Estatutos, calquera desviación. Consonte co devandito, dando cumprimento os acordos do VIII Congreso e do Consello Galeguista celebrado en Compostela, datas despois das Eleccións Municipais, a Executiva Nacional decidiu por unanimidade, o pasado 6 de Outubro, enceta-las tarefas de preparación do IX Congreso cunha rolda de visitas do Secretario Xeral aquelas Xuntas Municipais Galeguistas que fixaron data e, asimesmo, contactos individuais con militantes significados cara a designar unha Comisión Organizadora do IX Congreso. A proposta de Comisión Organizadora do IX Congreso que aproba por unanimidade esta Executiva Nacional é o resultado da aplicación do seguintes criterios: 1.- Construír unha estrutura sólida e operativa capaz de presentar a Executiva Nacional propostas e iniciativas concretas e viables tanto organizativas como de contidos. 2.- Reflectir na práctica unha ampla representación territorial e ideolóxica das bases Galeguistas. 3.- Abrir o abano participativo como xeito de garantir a absoluta transparencia do proceso.” A Executiva aprobou unha axenda de traballo no que está previsto que o Presidente da Comisión Organizadora convoque no prazo de 15 días á Permanente e o Plenario para constituí-los formalmente, elaborar un plan de traballo e un calendario e acordar as propostas que se presentarán a Executiva Nacional para a designación da data de celebración do Congreso. A Executiva Nacional tamén adoptou o acordo de nomear para ocupa-la Vicesecretaria Xeral de Organización do P.G. a Xosé Fernández Cid, así como aprobar a proposta de incorporar a Ramón López Díaz como axunto desta Vicesecretaría Xeral. |
|
|
|
|
PRESIDENTE: Xesús Manuel Suárez García VICEPRESIDENTA: Lucía Vázquez López SECRETARIO: Manuel Chas París COORDINADOR PONENCIAS DE LIÑA POLÍTICA: Suso Martínez López COORDINADOR DA PONENCIA DE ESTATUTOS: Camilo Conde López COMITÉ PONENCIAS DE POLÍTICAS SECTORIAIS: Coordinadora: Maite Fernández Piñeiro Axuntos: Ramón Rodríguez Cobas, Orlando Villamayor Torres, José Edrosa COMITÉ DAS MOCIDADES GALEGUISTAS: Jon González, Vanessa Prieto, Teba Conde e Alexandre Mondelo REGULAMENTO E RÉXIME INTERIOR DO CONGRESO: Antonio Varela Álvarez COORDINADOR DE LOXÍSTICA DO CONGRESO: Francisco López Franco RESPONSABLE ACREDITACIÓNS CONGRESISTAS: José Fernández Cid PRESIDENTE P.G.: Xabier González VICEPRESIDENTE P.G.: Elías Pérez Álvarez SECRETARIO XERAL: Manoel Soto Ferreiro
![]() |
|
|
|
|
“O Galeguismo tradicionalmente, por unha beira, ten unha dependencia excesiva da iconografía e, pola outra, padece as interpretacións de advenedizos e fósiles que se presentan como autoridades na materia e non pasarían un exame de acceso ó parvulario”. “Moito antes de que se tiveran convocado as Municipais nós xa tíñamos elaborada unha axenda para o 2007 que, ademais da precampaña e campaña electoral do mes de maio, tiña subliñada unha tarefa moi concreta para a Executiva Nacional do mes de xuño: enceta-los traballos de preparación do IX Congreso dos Galeguistas” “A alternativa política do Galeguismo ten que equilibrar, social e economicamente, o mundo urbán co mundo rural” “Recoñézolle un mérito especial aquelas candidaturas que, aínda contando con menos medios, foron capaces de transmitir unha mensaxe perdurable e xenuína de Galeguismo, amosando que, por riba dos cartos, o que importa é ese proxecto que nos xungue baixo unha idea común de Galicia que, aínda que lle da acougo xenerosamente a outras aportacións, pensase, escrébese e falase, inequivocamente en Galego.” “A ausencia do P.G. na Corporación de Vigo é un castigo excesivo para a cidade porque, dito con toda claridade, aprazouse ata o 2011 a oportunidade de incorporar ó partido de tenis entre o PP e o bipartito social-nacionalista o imprescindible arbitraxe do PG. Claro está que as tres forzas presentes hoxendía na Corporación viguesa prefiren esta situación, así poden adicarse a xogar cara a galería, repartindo voleas e reveses a unha ou dúas mans, en vez de esforzarse para ofrecer un futuro real o inestable presente da cidade de Vigo” “As características especiais dos procesos electorais das Municipais activan interpretacións que poden considerarse localistas, pero ese aspecto é anecdótico. A alternativa Galeguista, non me cansarei de dicilo, é precisa nos termos e extraordinariamente concreta nos posicionamentos; en termos políticos, temos un concepto nacional do noso Pais representado por unha idea da Galicia pensada, escrita e falada, en Galego e para que os Galegos e Galegas síntanse representados axeitadamente a nivel estatal e internacional; en termos económicos, un proxecto de centro que aposta claramente polos autónomos, as PYMES e por ese sector empresarial Galego que, na Galicia ou en moitos países do mundo, foi quen de crear empresas con proxección internacional; todo elo conxugado cun activismo progresista no apartado social, coa práctica real da política de proximidade ós cidadáns e coa irrenunciable defensa dos dereitos da cidadanía. Quen concorde con esas liñas programáticas terá ocasión abondo para amosar, con traballo e eficacia, a súa implicación; iso si, nin fomos nunca, nin somos nin seremos unha federación galega de localismos autónomos. Hai espazo para traballar e incorporar ideas, e vontade para escoitalas; o que non hai é posibilidade algunha de revisar aspectos tan esenciais como as reivindicacións dun autogoberno galego recoñecido a nivel europeo e internacional ou dos dereitos do idioma Galego e da cultura milenaria que temos”
“Pensando no presente e tamén no futuro, persoalmente nunca participarei ou subscribirei nin retrocesos conceptuais nin a implantación de fórmulas descafeinadas para estabilizar implicacións ou particularidades locais. O concepto político, na teoría e na praxe, que recolle a idea Galeguista da globalidade identitaria Galega non é algo errático senón que constitúe unha alternativa definida, concisa e estable; ¿quere elo dicir que non é negociable?, pois si, no Galeguismo ou se está con tódalas consecuencias ou non se está, non vexo necesidade algunha de criar espazos de ambigüidade que, aínda que serían cómodos para casos moi puntuais, prexudicarían claramente ó proxecto colectivo. “O noveno será un Congreso histórico pola súa transcendencia, o que ratifique esa transición da sombra á luz que se ten dado nestes tres últimos anos; este IX Congreso, dun xeito semellante ó que aconteceu no V Congreso celebrado no ano 1985, atopará sentido na medida en que sexa capaz de escenificar ese relevo xeracional e esa actualización conceptual da teoría e da praxe polo que a dirección do PG leva apostando” “Nunca deixei de considerarme un militante de base e a Executiva Nacional sabe, desde fai meses, da miña vontade de regresar canto antes a ese status que, dito sexa de paso, eu considero moito mais importante que o de ser Presidente”. “Unha alternativa política aséntase sempre na capacidade de liderazgo e interacción que teñan a militancia de base no seu entorno, os cargos de dirección ou executivos son meras ferramentas de expresión social ó servizo do colectivo que conforman os militantes; anóxame de xeito extraordinario estes conceptos, tan fashion e tan mediatizados, da partidocracia de formacións como PSOE, PP ou BNG, que tentan hipnotizar a sociedade clonando a imaxe bíblica do bó pastor e, nunha lectura inversa, tratando de borregos tanto ós seus militantes como ó resto da cidadanía” “A xeración Galeguista dos anos trinta deseñou un PG sen Presidencia nin Secretaría Xeral, apostando por un aparato partidario no que primaba o equipo e a capacidade de avaliar o momento exacto no que alguén tiña que desempeñar o rol de primun inter pares. Dito de outro modo, o concepto do Pontífex Máximus, coa súa infalibilidade e demais etcéteras, non me parece que teña vixencia no século XXI; quen ten verdadeira capacidade de liderazgo debe ter tamén disposición e capacidade efectiva para traballar en equipo e incluso desde o anonimato, humildade para escoitar e a autoridade moral que nace sempre da actitude de servizo ós demais; se non é así, o líder pasa a ser un caudillo que moi posiblemente morra cheo de razón e escaso de felicidade política e calidade de vida”. |
|
|
|
|
Aínda que non son os que agardábamos, os resultados obtidos polo P.G. nestas Municipais do 2007 constatan o avance e consolidan a alternativa dos Galeguistas no mapa político de Galicia. En síntese, o resumo dos resultados obtidos polo P.G. é o seguinte: - Acadamos 20.000 votos en Galicia, cifra que triplica os mellores resultados obtidos polo P.G. nunhas Municipais nos 76 anos de existencia do partido. - Por número de votos, no global dos 33 Concellos nos que presentamos candidatura, somos a 4ª forza política de Galicia. - Duplicamos o número de Concelleiros que tiñamos no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004) - Triplicamos o número de Concellos nos que tiñamos representación no intre de celebración do VIII Congreso (Novembro 2004). - Pasamos a ter representación en 3 das 4 Provincias Galegas (no intre da celebración do VIII Congreso só tíñamos representación na de Pontevedra). Ningunha outra forza política Galega pode presentar estes índices de crecemento e consolidación con respecto a situación anterior o 27 de Maio; en síntese, estas Municipais do 2007 foron un paso definitivo cara a recuperación do espazo Galeguista como opción definida, independente e esencial para a vertebración política deste País e de entornos próximos como o son a Unión Europea e España. Para o futuro inmediato, o P.G. empeza a traballar no afortalamento da proposta Galeguista cara as Autonómicas; traballo político que, seguindo a folla de ruta deseñada, culminará na celebración do IX Congreso do P.G.
|
|
|
|
|
![]() |
|
|
|
|
|
|
|
O equipo xurídico do Partido Galeguista, coordinado pola letrada Lucía Vázquez López (Candidata Galeguista a Alcaldía de Monforte de Lemos), logrou o recoñecemento legal do dereito a concorrer diante do electorado de Abegondo nas Eleccións Municipais. A sentenza do Contencioso nº3 de A Coruña, emitida hoxe 18 de Maio, ten a significación histórica de amosar á cidadanía que a Xustiza defende a limpeza dos procesos democráticos fronte o vandalismo político practicado pola dirección do Partido Popular, que é a única responsable desta campaña de desestabilización democrática materializada baixo a argucia legal de impugnacións de listas electorais. Desde a dirección do P.P. impugnáronse o 20% das candidaturas Galeguistas presentadas na Galicia, nunha acción temeraria e sen precedentes de belixerancia política contra unha formación política, que tiña como único obxectivo eliminar desde os despachos a candidaturas Galeguistas. As sentenzas dos diferentes tribunais corrixiron esta actitude antidemocrática e TODAS AS CANDIDATURAS DO PARTIDO GALEGUISTA CONCORRIRÁN AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO PRÓXIMO 27 DE MAIO. |
|
|
|
|
O domingo día 13, no Auditorio de Ourense, as 18:30 horas, os Galeguistas xuntarémonos no acto central do Partido Galeguista nestas Eleccións Municipais, ó que asistirán, ademáis da representación das Candidaturas Galeguistas, unha delegación do partido portugués do P.N.D. encabezada polo seu Presidente, Manuel Monteiro.As intervencións centráis do cato correrán a cargo do Presidente do P.G., Xabier González, o Secretario Xeral e candidato a Alcaldía de Vigo, Manoel Soto, a candidata a Alcaldía de Monforte de Lemos, Lucía Vázquez, e Antonio Troitiño na súa doble condición de candidato a Alcaldía de Ourense e anfitrión do acto. |
|
|
|
|
Os Xulgados do Contencioso Administrativo de Ourense e Lugo fallan a favor das teses do Partido Galeguista e contra as pretensión de anulación das candidaturas Galeguistas de Barbadas (en Ourense) e Monforte e Sarria (en Lugo), impugnadas polo Partido Popular nunha manobra xurídica que pon en dúbida a ética democrática e o respecto ós procesos electorais dunha formación política que semella busca-la confrontación con todos aqueles que defenden ideas distintas as súas. Desde o P.G., ó tempo que tomamos boa nota do acontecido, lamentamos profundamente este proceder do que non son responsables os militantes de base e simpatizantes do P.P. que, como a cidadanía en xeral e o propio clima de coexistencia política, están a sufrir a política suicida duns dirixentes resentidos que son incapaces de facer outra cousa que non sexa crear crispación e alterar a pacífica convivencia da inmensa maioría da sociedade. Afortunadamente estamos nun estado de Dereito no que a Lei pon no sitio que lle corresponde estas manobras políticas interesadas que, empregando o subterfuxio dos alegado na defensa de dereitos de igualdade e paridade, tentan eliminar listas electorais que prexudican ós intereses dos dirixentes e candidatos do Partido Popular. O P.G. entende estas impugnacións promovidas polo Partido Popular (somos o segundo partido político en número de candidaturas impugnadas en Galicia) como un acto de agresión directa e de vandalismo político ó que, como é a nosa costume, respostaremos ó seu debido tempo e dentro da mais escrupulosa observancia das normas de convivencia e da ética democrática.
|
|
|
|
|
O PARTIDO GALEGUISTA CONSIGUE EN SANXENXO UNHA SENTENCIA QUE SENTA UN DECISIVO PRECEDENTE XURÍDICO. A SENTENCIA DESESTIMA E INVALIDA OS RECURSOS PRESENTADOS POLO PARTIDO POPULAR QUE PRETENDÍA, APROVEITÁNDOSE DE LAGOAS E MATICES LEGAIS Ó MAIS PURO ESTILO DE HERRI BATASUNA, ANULAR CANDIDATURAS INVOCANDO O INCUMPLIMENTO 44-BIS DA LOREG E, DESTE XEITO, ALTERAR A NORMALIDADE DEMOCRÁTICA NAS VINDEIRAS ELECCIÓN MUNICIPAIS DO 2007.
|
|
|
|
|
As Mocidades Galeguistas arrouparemos ós candidatos do Partido Galeguista nas vindeiras eleccións municipais de Maio coa campaña “O que hai non mola, os Galeguistas sí”, que xa tivo a súa primeira expresión, fai unhas datas, en Sanxenxo. Fronte a presenza testemuñal da mocidade nas candidaturas do PP, PSOE e BNG, os mozos e mozas Galeguistas temos un gran peso específico nestas eleccións, con varios dos nosos militantes encabezando candidaturas ou que, polo seu traballo e incidencia social, teñen sido elixidos para ocupar os primeiros postos. Non é casualidade, temos moito que aportar ó futuro ó Partido Galeguista; é tan importante a nosa presenza no movemento Galeguista que xa podemos falar dunha Xeración Galeguista do século XXI, continuadora da longa e gloriosa historia do P.G. Comentar tamén que o lema da campaña será o lema principal da Candidatura do P.G. ó Concello de Barbadás, que encabeza o Secretario Xeral das Mocidades –Jon G. Pérez-. Aqueles mozos ou mozas que estean interesados nunha camiseta da campaña, teñen que dirixir un e-mail a mocidades@partido-galeguista.org
|
|
|
|
|
1.000.000 de Galegas e Galegos, arredor do 40 % do censo electoral da Galicia, censados en trinta e tres concellos da nosa terra, contarán coa GARANTÍA DE FUTURO para o seu concello que representa a posibilidade de VOTAR GALEGUISTA. Os máis de 600 candidatos a concelleiros do Partido Galeguista nas Municipais de Maio non son unha “expectativa” senón que REPRESENTAN A ESPERANZA DE MELLORA DA VIDA MUNICIPAL fronte á ineficacia, á conflitividade, ó escurantismo, ós reality-shows protagonizados polo tripartito PSOE-PP-BNG e a política de zapping e karaoke –porque os concelleiros “populares”, “socialistas” e “nacionalistas” están manexados con mando a distancia desde Madrid ou Allariz e, sen que se coñezan excepcións, cantan letras ou asubían músicas municipais teledirixidas das que non son autores- que ten o mérito histórico de ter colocado a tódolos concellos da Galiza no vagón de cola de España e Europa.
As mulleres e homes Galeguistas que concorren como candidatos nestas Municipais de Maio asumen o compromiso común de levar diálogo onde só hai confrontación, eficacia na xestión e na administración onde agora mesmo non se perciben máis que manexos e intereses creados, realidades posibles onde hai costume de prometer moito e cumprir nada, e voz e opinión dos cidadáns onde agora mesmo hai falla de transparencia e escurantismo. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Data: 21 de Abril do 2007 Hora da convocatoria para as acreditacións: 12:30 horas Hora de celebración da Xuntanza Solemne: 13:00 horas Local: Salón de Actos do Ateneo de Ourense (Edificio Torre de Ourense, 1º) Cidade: Ourense A Presidencia do Consello Galeguista convocou ós 153 integrantes do máximo órgano do Partido Galeguista para celebrar unha Xuntanza Solemne en homenaxe os Galeguistas históricos D. Lois Taboada Camoeiras e D. Antón Moreda Rodríguez, que recibirán nese acto a máxima distinción partidaria do P.G. As figuras sobranceiras destes dous Galegos xonguen nunha mesma expresión o Galeguismo Histórico e o Contemporáneo; para esta xeración, orgullosa de militar nun partido como o noso con 76 anos de historia, que está a construír o Galeguismo do século XXI, a súa exemplar traxectoria é un referente de valor incalculable tanto pola súa enerxía vital como pola humildade da que ámbolos dous irmáns homenaxeados souberon facer un exemplo de grandeza. Nós, os Galeguistas, eliximos en quen deposita-la nosa devoción e o noso respecto, os irmáns Lois Taboada e Antón Moreda teñen e terán sempre un lugar nesta historia que ninguén vai a escribir por nós porque, a través do Partido Galeguista, pertence o pobo Galego e a esa Galiza verdadeira e nobre que transcende a calquera xeración e a calquera tempo. Xabier González - Presidente do Consello Galeguista |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TEXTO DO TELEGRAMA ENVIADO O CONCELLO DE BOIRO“Ilmo. Sr. Alcalde de Boiro, o Partido Galeguista felicita efusivamente á Corporación Municipal de Boiro por teren elixido a Don Ramón Martínez López como fillo predilecto da súa vila natal. Coidamos que honrar dese xeito a un boirense tan emérito honra a tódolos boirenses. No Partido Galeguista aprezamos dun xeito moi especial esa distinción porque no seu día foi D. Ramón, xunto con D. Manuel Beiras, quen depositaron o legado da dirección e do futuro do PG nas mans dalgúns dos que estabamos con eles daquela, e que seguimos a estar, TODOS, no Partido Galeguista.” Asinado por Xabier González, Presidente do Partido Galeguista |
|
|
|
|
A década dos 80 e a figura de D. Ramón Martínez López, claves para o GALEGUISMO DO SÉCULO XXIA Concordia Nacionalista que o P.G. asumiu como doutrina no V Congreso, Xaneiro do 1985, foi unha proposta anovadora e orixinal, concordante ca inconformista tradición do noso partido, que supuxo un incómodo reto pra os demais partidos nacionalistas, que lles esplicamos ao Camilo Nogueira e ao Xosé Manuel Beiras e que finalmente éste usou en proveito da súa propia organizaciónAnxel Casal, Pedro Galán, Arturo Noguerol, Manuel Serantes… non pudo chegar a Alexandre Bóveda; Don Ramón Martínez López mirounos cos ollos brilantes e escachou a chorar. O seu discurso introducianos a nós, un grupo de mozos, a maioría entre vinte e trinta anos, e lexitimabanos como os novos dirixentes do Partido Galeguista naquel día de inverno de Collimos aquel testigo sen complexos; a primeira tarefa consisteu en liberarnos da cárrega que moitos nos quixeron impor: a da etiqueta de “partido histórico”, abafado pola morriña polos tempos idos, paralisado no pasado, cas únicas referencias das pantasmas dos devanceiros. A memoria non foi nunca pra nós un corsé que nos coutase, e cando algún vello con ínfulas de pedigree (os verdadeiros Galeguistas nunca se agacharon detrás dese parapeto) nos quixo impor a súa particular visión, promovemos a Fundación Castelao para que poidese ser Presidente; chegamos espresalo con craridade: “Nós somos un partido histórico non porque nos pasemos todo o tempo mirando pra atrás, senón porque hoxe queremos transforma-la historia dos próusimos anos do noso país”. A memoria non foi nunca pra nós un pedestal falso no que subirnos pra reclamar un lugar que non conquistaramos, e cada chanzo que acadamos foi gañado a pulso paso a paso. X. Manuel Suárez Vicepresidente do Partido Galeguista |
|
|
|
|
Data: Mércores, 4 de Abril Hora: 20:00 Localidade: TOURO Local: Sede do P.G. en Touro (Fontedíaz) Os Galeguistas de Touro presentaremos á candidatura ó Concello de Touro nas municipais de Maio. Participarán no acto José Antonio Pampín, candidato a Alcaldía de Touro, Xabier González -Presidente do P.G.-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e José Luis Rey, integrante da candidatura Galeguista ó Concello.
Data: Mércores, 4 de Abril Hora: 22:00 Localidade: ROIS Local: Restaurante Ares (r/ Urbilde S/N) Os Galeguistas de Rois presentaremos á candidatura ó Concello de Rois nas municipais de Maio. Participarán no acto Ramón García, candidato a Alcaldía de Rois, Xabier González -Presidente do P.G.-, e Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña-. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Data: Venres, 30 de Marzo Hora: 16:30 Localidade: SANXENXO Local: Hotel Galaico (na rotonda da vía rápida) Os Galeguistas de Sanxenxo presentaremos ós medios de comunicación á candidatura ó Concello de Sanxenxo nas municipais de Maio. Participarán na rolda de prensa Jorge García -Candidato Galeguista a Alcaldía de Sanxenxo- , Xabier González -Presidente do P.G.-, Francisco López "Chesqui" –Coordinador do P.G. na Provincia de Pontevedra- e os integrantes da candidatura Galeguista Francisco Estévez, Vanesa Vidal e Miriam Domínguez
Data: Venres, 30 de Marzo Hora: 18:00 Localidade: MOAÑA Local: Sede do P.G. en Moaña - rua Concepción Arenal, nº 130 - 1º piso ( fronte a parada de Taxis da Praza de Moaña). Os Galeguistas de Moaña presentaremos ós medios de comunicación á candidatura ó Concello de Moaña nas municipais de Maio. Participarán na rolda de prensa José Manuel Nores -Candidato Galeguista a Alcaldía de Moaña-, Manoel Soto -Secretario Xeral do P.G.-, Xabier González -Presidente do P.G.-, Francisco López "Chesqui" –Coordinador do P.G. na Provincia de Pontevedra- e os integrantes da candidatura Galeguista Silvia Meira, Begoña Piñeiro e Juan Pombal
Data: Venres, 30 de Marzo Hora: 20:30 Localidade: MARÍN Local: Hotel Villa de Marín (rúa Calvo Sotelo) Os Galeguistas de Marín presentaremos ós medios de comunicación á candidatura ó Concello de Marín nas municipais de Maio. Participarán na rolda de prensa Magín Yáñez González -Candidato Galeguista a Alcaldía de Marín- , Xabier González -Presidente do P.G.- e Francisco López "Chesqui" –Coordinador do P.G. na Provincia de Pontevedra-
Data: Sábado, 31 de Marzo Hora: 20:00 Localidade: SADA Local: Hotel Bahía de Sada Os Galeguistas de Sada presentaremos nun acto político público a candidatura ó Concello de Sada nas municipais de Maio. Intervirán no acto Pedro Agra -Candidato Galeguista a Alcaldía-, Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral do P.G.- e Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Data: Sábado, 24 de Marzo Hora: 13:00 Localidade: Ordes Local: Sede do P.G. en Ordes, Rúa Rosalía de Castro nº 11 - Galería A Mina (o pé do Bar Fraga) Os Galeguistas de Ordes convocamosun acto político público no que presentaremos as liñas mestras do programa para as eleccións municipais de Maio. Participarán no acto Xabier González -Presidente do P.G.-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e Victorino Cores -candidato Galeguista a Alcaldía de Ordes-
Co fin de recoller propostas e suxerencias dos veciños, no marco da campaña “Falamos dos Barrios, Falamos de ti”, o candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño e o Coordinador Provincial, Elías Pérez, asistirán hoxe venres, 23 de Marzo, as 21 horas á xuntanza de traballo coa AVVV de Velle. Para o sábado, 24 de Marzo, están previstas semellantes xuntanzas coa AAVV do Polvorín, ás 18 horas, e AAVV Anacos da Cidades, as 19 horas.
Baixo o lema de “O que hai non mola, os Galeguistas si”, a Xestora do P.G. en Barbadás (Ourense) está a preparar a candidatura coa que participará nas vindeiras eleccións municipais. Nun concello no que case dous mil viciños optan pola abstención, a intención dos Galeguistas de Barbadás é presentar unha candidatura de futuro que anime a participación cidadá directa nos asuntos municipais e rache o a coalición táctica do tripartito (PP, PSOE e BNG) que desgoberna ó Concello desde o a Alcaldía e a oposición. |
|
|
|
|
A Xunta Galeguista Municipal de Touro informa da elaboración definitiva da lista electoral que concorrirá ós vindeiros cominios municipais do 27 de maio, e que será presentada nun acto público en Touro no que intervirán, ademais do noso candidato, o Presidente do PG, Xabier González, o Secretario Xeral, Manoel Soto, e o Coordinador Provincial de A Coruña, Suso Martínez. A lista Galeguista queda configurada do seguinte xeito: 1. José Antonio Pampín Crego. 2. María Veleiro Rosendo. 3. Juan Carlos Ferro Fornos. 4. José Ignacio Naviero Mera. 5. José Luís Rey Carreira. 6. Montserrat Ares Souto. 7. Jesús Rey Lago. 8. Jorge González Varela. 9. Juan Manuel Barcia Montero. 10. Ana Botana Raposo. 11. Mª Angeles Balado Botana. Suplentes: -Florinda Mera Tojo. -Vanesa Ben Rey. -Luís Santos Mosquera. Subliñar que a candidatura Galeguista ó Concello de Touro elexiuse por aclamación. José Luís Rey Presidente Xunta Galeguista de Touro.
|
|
|
|
|
Hoxe, as 12:00 horas, na CASA DE TURISMO RURAL TORRES DE MOREDA (O Vilar – Callobre), os Galeguistas de A Estrada presentaremos ós medios de comunicación a Xestora da Xunta local do Partido Galeguista, que será a encargada de levar adiante o traballo de implantación e a Candidatura ó Concello de A Estrada nas municipais de Maio. Ademais dos responsables da dirección local, participarán na rolda de prensa Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral-, Francisco López "Chesqui"–Coordinador do P.G. na Provincia de Pontevedra- e Roxelio Míguez -Secretario de Implantación do P.G.-
O candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, o Presidente do P.G., Xabier González, e o Coordinador Provincial, Elías Pérez, asistirán hoxe luns a unha xuntanza de traballo coa AVV de Seixalvo, encadrada na campaña “Falamos dos Barrios, Falamos de ti” |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, e o Coordinador Provincial do P.G., Elías Pérez, presentaron a campaña “Falamos dos Barrios, Falamos de ti” como un dos eixos esenciais para perfecciona-lo programa de acción municipal Galeguista. Enmarcadas nesta campaña de proximidade a cidadanía e as asociacións veciñais, o candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense mantivo, o venres 16 de Marzo, unha xuntanza con veciños da Praza 500 de Barrocás, á que asistiron preto de 50 veciños, e tamén coa Directiva da AAVV de A Granxa, o sábado 17 de Marzo. Para o luns, 19 de Marzo, está programada unha xuntanza coa AVV de Seixalvo.
|
|
|
|
|
Venres, 16 de Marzo, as 17:00 horas, no Restaurante Miras de SigüeiroOs Galeguistas de Oroso presentaremos ós medios de comunicación a Xestora da Xunta local do Partido Galeguista, que será a encargada de levar adiante o traballo de implantación e a Candidatura ó Concello de Oroso nas municipais de Maio. Nesta rolda de prensa presentaremos, ademais, ó candidato Galeguista a Alcaldía de Oroso nas Municipais de maio. Ademais dos responsables da dirección local, participarán na rolda de prensa Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e Roxelio Míguez -Secretario de Implantación do P.G.-
Venres, 16 de Marzo, as 19:30 horas, no Restaurante Ameixa de ArzúaOs Galeguistas de Arzúa presentaremos ós medios de comunicación a Xestora da Xunta local do Partido Galeguista, que será a encargada de levar adiante o traballo de implantación e a Candidatura ó Concello de Arzúa nas municipais de Maio. Nesta rolda de prensa presentaremos, ademais, ó candidato Galeguista a Alcaldía de Arzúa nas Municipais de maio. Ademais dos responsables da dirección local, participarán na rolda de prensa Xabier González -Presidente do P.G.-, Manoel Soto -Secretario Xeral-, Suso Martínez –Coordinador do P.G. na Provincia de A Coruña- e Roxelio Míguez -Secretario de Implantación do P.G.-
Venres, 16 de Marzo, as 10:30 horas, na sede do P.G. de OurenseO Candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, e o Vicepresidente do P.G., Elías Pérez, comparecerán diante dos medios de comunicación para presentar a campaña “Falamos dos barrios, falamos de ti”. Dentro da campaña e como primeiros actos, están previsto xuntanzas cos veciños o Venres, 16 de Marzo, as 20:30 horas, no Bar Iglú de Barrocás; o Sábado, 17 de Marzo, as 19:00 horas, na sede da AAVV da Granxa e oLuns, 19 de Marzo, as 20:00 horas, na sede da AAVV de Seixalvo, as que asistirán, xuntocoCandidato Galeguista, outros integrantes da candidatura do P.G., o Presidente do P.G., Xabier González, o Vicepresidente, Elías Pérez. |
|
|
|
|
|
|
|
SAMOS :: Xoves 8 de Marzo, no Hotel A Veiga de Samos, as 20:30 horas, os Galeguistas de Samos presentamos a Xunta Local do P.G. e a candidatura Galeguista que participará nas vindeiras Eleccións Municipais no Concello de Samos. No acto, ademáis da dirección local do P.G. e o candidato Galeguista a Alcaldía, José Antonio García Jurjo, intervirán Xabier González, Presidente do P.G., e Antonio Varela, Coordinador Provincial do Comité Electoral de Lugo.
VIGO :: Manoel Soto Ferreiro, candidato Galeguista a Alcaldía de Vigo, e Maite Fernández, número dous na candidatura Galeguista ó Concello, participarán o Xoves 8 de Marzo, as 14:00 horas, no xantar-coloquio con empresarios e profesionais que o Clube Financieiro de Vigo organiza para presentar ós catro candidatos mais relevantes á Alcaldía de Vigo.
OURENSE :: O Candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense, Antonio Troitiño, asistirá xunto a outros integrantes da candidatura, do Presidente do P.G., Xabier González, e dos dous Vicepresidentes Galeguistas, Xesús Manuel Suárez e Elías Pérez, a cea benéfica que organiza Abeiro no Restaurante Sanmiguel, o venres 9 de Marzo, as 22:00 horas
A CORUÑA :: O Venres, 9 de Marzo, o candidato pola Coruña, Carlos Marcos, participará no concerto-mitin de presentación da súa candidatura ó Concello de A Coruña, que se cebrará en Palexco, as 20:00 horas, o que asistirá Manoel Soto, Secretario Xeral do P.G., e no que están programadas actuacións de Jeanette, Tony Ronald, Miki e Lorenzo Santamaría. |
|
|
|
|
|
|
|
Jose Luís Rey Carreiro, Juan Carlos Ferro Fornos, Montserrat Ares Souto, Luís Santos Mosquera, Lucindo Valado Salgueiro e José Antonio Panpín Crego conforman a primeira executiva Galeguista da Xunta Local de Touro que, nos próximos días, dará a coñecer o candidato a Alcaldía e demáis membros da candidatura Galeguista ó Concello de Touro nas próximas municipais de Maio. Ó acto asistiron Suso Martínez, Coordinador do P.G. na provincia de A Coruña, Roxelio Míguez, Secretario de implantación do P.G., e Xabier González, Presidente do P.G. |
|
|
|
|
Eu, amigos e amigas, non remato de subir os tres escalons que levan a esta tribuna para presentarvos unha posibilidade ou unha expectativa; non quero facer iso porque estaría imitando o que fan outras formacións políticas e, mirade, para facer o mesmo que fan outros e dar a impresión de que o único que queremos os Galeguistas é un anaco desa pizza de tres ingredientes na que levan convertido o Concello de Ourense… pois quedaríame na casa porque teño vergoña e non sirvo nin servirei nunca para ser cómplice de enganos ós cidadáns e os contribuíntes. Tampouco vin eiqui a presentarvos un produto político publicitario, nin para apadriñar a típica expectativa que conleva o xurdimento dun candidato máis ó Concello de Ourense; non, para iso tamén tíñame quedado na casa porque, con toda franqueza, as expectativas mediáticas non me interesan e os produtos publicitarios son un enganabobos para crédulos. Se me permitides que volo conte, estou eiqui para ser un máis de todos vos, para ratificar esta suma multiplicadora que se xunta baixo as históricas siglas e o proxecto do Partido Galeguista, para xuntar esforzos e axudar a por en marcha a unha esperanza na que teño fe e que, hoxe, personificase en Antonio Troitiño, candidato Galeguista a Alcaldía de Ourense. Irmáns, que se escoite que non estamos eiqui unicamente para participar nunhas eleccións, que aqueles que desgobernaron Ourense, desde a Alcaldía ou desde a oposición, saiban que non estamos de paso; ¡os Galeguistas estamos eiqui para quedarnos!, para representar axeitadamente a cidadanía, ¡para gañar!, porque gañar é o único verbo que sabemos conxugar. As eleccións municipais son só a primeira etapa dun proceso que xa non ten volta atrás e, algún día no futuro, os que hoxe estamos eiqui, poderemos dicir con orgullo: “Eu estaba no acto Galeguista do Simeón no 2007, aquel día que mudou a historia da cidade de Ourense para sempre”. Amigas e amigos, en Maio os ourensáns non imos elixir o “alcalde pedáneo” dun barrio ou dunha parroquia de Carballiño, de Nogueira de Ramuín ou de Allariz. Ourense non se pode permitir o luxo de ter un Alcalde manexable e manexado cun mando a distancia, como se fora unha boneca articulada á que lle pagamos o soldo ós ourensáns para que baile o son daqueles que, desde mais ou menos lonxe, moven os fíos segundo lle interesa e impunemente. Por iso os Galeguistas non quixemos, como fan outros, acudir a sección de charcutería do supermercado político ourensán para comprar algúns quilos de candidato envasado ó bacío, de eses que enganan a vista porque veñen tan ben presentados que un non cae na conta de que son insípidos, incoloros e inodoros por natureza. Non, Ourense non pode mercar Alcalde nas rebaixas, nin nas liquidacións de políticos descatalogados do PP, do PSOE ou do BNG, como tampouco se pode permitir o luxo de aceptar resignadamente que ocupe cadeira na Corporación a oferta semanal de quilo de chourizo ou de paté a las “finas hierbas”, aínda que cumpra cos rexistros sanitarios a nivel estatal ou da terra galega… Ourense necesita un Alcalde de verdadeira talla política, rodeado dun equipo solvente e capaz… que pinte politicamente e fágase escoitar en calquera instancia… que estableza vínculos efectivos e afectivos coa cidadanía en vez de establecelos co seu bandullo e coas súas contas correntes e as dos seus amigos… En definitiva, OS OURENSÁNS NECESITAMOS ALGO MELLOR QUE O QUE OS TRES MOSQUETEIROS QUE ACTUALMENTE XOGAN COS SEUS FLORETES DE PEGA NO CONCELLO PODEN OFRECERNOS. NECESITAMOS O QUE HOXE XA TEMOS: UN CANDIDATO GALEGUISTA Porque, podemos dicilo con orgullo, o noso candidato non é unha expectativa senón que é unha esperanza para a cidade de Ourense; Antonio non é un produto publicitario ou un deses candidatos mediáticos que aportan moito ruído e poucas noces, senón que é unha opción de valía contrastada. Nós levaremos a Troitiño ó Concello para que Ourense deixe de ter “alcaldes pedáneos” e teña un Alcalde como merece. Antonio, queda un longo camiño que faremos xuntos; pero, ¿sabes?, estou absolutamente seguro de que sendo nós mesmos e rexeitando ser “más de lo mismo” os cidadáns confiarán na proposta Galeguista e chegaremos a meta. O pasado de Ourense xa non ten arranxo pero o futuro empeza neste mesmo momento. Moitas grazas, amigos e amigas. En Ourense, o Galeguismo camiña cara o concello con esperanza e fe; ninguén, ¡ninguén vai deternos! |
|
|
|